"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Categoría do xogo establecida por Roger Caillois (1958) e baseada no azar e sorte. Dentro desta categoría están xogos como a lotería e a ruleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia metálica composta por máis dun elemento. Os constituíntes das aliaxes son solucións sólidas, combinacións ou mesturas íntimas heteroxéneas de dous ou máis metais, e combinacións dun ou máis metais con elementos non metálicos, que manifestan propiedades metálicas. Exemplos de aliaxes correntes son o aceiro, o latón, o bronce, o cuproníquel e o duraluminio. Case que todos os metais son empregados principalmente en forma de aliaxes. O número de compoñentes dunha aliaxe é moi variable; as aliaxes de dous e tres compoñentes denomínanse, respectivamente, binarias e ternarias. Entre os compoñentes hai que distinguir os principais, que determinan as características básicas da aliaxe, e os modificadores, que as modifican no sentido desexado. As aliaxes correntes divídense, segundo a súa composición, en dúas grandes categorías: aliaxes férricas e aliaxes non férricas; e estas últimas subdivídense en aliaxes lixeiras e aliaxes pesadas. As aliaxes de mercurio...

    2. aliaxe antifrición antifrición.

    3. aliaxe dura Aliaxe de dureza moi elevada utilizada especialmente para o corte de metais, para matrices e para pezas que requiren gran resistencia á abrasión. As aliaxes duras comprenden entre outras, os aceiros rápidos, as aliaxes “Stellite” a base de cobalto, cromo e tungsteno, e os carburos aglomerados (por exemplo, os metais “Kenna” e widia), constituídos esencialmente por carburo de tungsteno (con adición de carburo de titanio, de tántalo e de niobio) aglomerado con cobalto.

    4. aliaxe eutéctica Aliaxe formada exclusivamente ou case por un eutéctico.

    5. aliaxe férrica Aliaxe na que o elemento fundamental é o ferro. Son as aliaxes máis empregadas e superan con moito a todas as outras en tonelaxe. Os dous tipos máis importantes son o ferro coado en todas as súas variedades, produto dos altos fornos, e o aceiro produto do afinamento do ferro coado coa adición eventual doutros elementos.

    6. aliaxe fusible Aliaxe de punto de fusión moi baixo, constituído xeralmente por un eutéctico de 2 a 5 compoñentes. A denominación adoita ser aplicada especialmente ás aliaxes que funden por debaixo de 230°C. As súas principais aplicacións son os fusibles de extintores automáticos de incendios, as válvulas e os cortacircuítos fusibles, a fixación de eixos e chumaceiras, os baños de temple e revestimento, a protección de modelos de fontanería, os modelos dentais, a soldadura, o selamento de vidro con metal e certos moldeamentos delicados. Os seus principais compoñentes son: o bismuto, o chumbo, o estaño e o cadmio. Utilízanse tamén o indio, o metal de Rose e o metal de Wood.

    7. aliaxe lixeira Aliaxe onde o elemento principal é o aluminio ou o magnesio (e tamén, por extensión, modernamente, o titanio). As aliaxes a base de aluminio son as máis importantes e as máis empregadas, e son utilizadas correntemente nas industrias automobilísticas, aeronáuticas e na astronáutica. As aliaxes que conteñen cando menos un 90% de magnesio, con densidade por debaixo de 1,9, chámanse, ás veces, ultralixeiras.

    8. aliaxe non férrica Aliaxe que non contén ferro ou onde o ferro non é ningún compoñente principal.

    9. aliaxe pesada Aliaxe non férrica formada por metais de densidade superior á do titanio (4,5). As aliaxes pesadas comprenden, en xeral, as aliaxes de cobre, níquel, zinc, chumbo e outros metais.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de aleatorio.

    2. Propiedade das variables aleatorias de poderen tomar calquera valor dentro dun intervalo, con probabilidades fixadas previamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que depende dun acontecemento incerto ou dunha continxencia.

    2. Dise do contrato no que á prestación segura dunha parte correspóndelle unha prestación incerta doutra (renda vitalicia) ou na cal a incerteza afecta a ambas as dúas partes (a aposta).

      1. Dise dun acontecemento que non se pode asegurar que se producirá ou que se pode producir de diversas maneiras.

      2. variable aleatoria Variable que pode recibir diversos valores numéricos que dependen do azar.

    3. música aleatoria

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica para obter a dirección dunha información a partir da clave por medio dun algarismo que a trata segundo criterios preestablecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enciclopedista francés. En 1739 publicou Mémoire sur le calcul intégral, que lle serviu para ser admitido en 1741 na Académie des Sciences. Dous anos máis tarde publicou a súa obra fundamental, Traité de dynamique. Nomeado codirector da Encyclopédie con Diderot (1747), encargouse das seccións de matemáticas e física. No Discours préliminaire (1751), expuxo as liñas mestras da obra. En 1754 ingresou na Academia Francesa. Unha serie de razóns fixéronlle abandonar a codirección da Encyclopédie (1758). A súa reflexión filosófica apareceu, sobre todo, no Essai sur les éléments de philosophie, publicado en 1759 na segunda edición das súas Mélanges de philosophie, d’histoire et de littérature (primeira edición, 1753). Os seus tratados sobre matemática foron reunidos nos Opuscles mathématiques (1761-1780, 8 volumes). A súa aportación científica, influída fundamentalmente por Newton, centrouse, no que toca á física, en resolver...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. Construíu, entre outras obras, a vila Cambiaso en Xénova (1548) e a basílica de Carignano, baseada no proxecto de Bramante para San Pedro de Roma. A súa obra, especialmente a de tipo civil, constitúe unha sorte de manierismo arquitectónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘ladrón’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘roubar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar voces moi altas producindo alboroto e escándalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rede empregada para a pesca do salmón e a zamborca no río Miño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido preparado fervendo isotiocianato de alilo con alcohol e amoníaco. Ten aplicacións como inhibidor de corrosión e empregouse en medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nova liña escrita para abrir parágrafo ou cada un dos apartados que se realizan dentro dun texto, sinalado mediante un sangrado ou mediante unha letra ou número que indican cambio de tema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liga musulmana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía creada por Rosa Hurtado e Santiago Montenegro e na que colabora habitualmente Manuel Pombal. Baixo esta denominación os integrantes do grupo Artello inician unha nova andaina baseada nun traballo máis artesanal, centrada no teatro de obxectos e orientada ao público infantil e xuvenil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é alleable ou alienable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise do que ten posibilidade de ser alleado ou alienado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de allear.

    2. Elemento que foi adquirido ou vendido en calquera das distintas formas de transacción.

    3. Aquel que ten as súas facultades mentais perturbadas.

    4. Quen está á marxe das cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que allea ou aliena.

    VER O DETALLE DO TERMO