"Francisco" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 574.
-
GALICIA
Escritor e xornalista. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, colabora como articulista en diversas revistas literarias como Luzes de Galicia, Tempos Novos e Fadamorgana, e habitualmente en Atlántico Diario. Publicou os volumes de relatos A outra banda da fiestra (1989) e A canción do náufrago (2001); o relato “Ars amanda” (primeiro premio do Certame de Relatos Cidade Vella, 1990), incluído no libro colectivo Muralla de Crescórnio (1992); e as novelas Amor de cinema (1994) e Play-Back (primeiro premio do Certame de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, 1997), publicada no 2000. En 1999 recibiu o Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso, escritor e político absolutista. Formouse en filosofía e teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, aínda que nunca chegou a rematar os seus estudios. En 1777 foi nomeado cura de Fruíme (Lousame) e, posteriormente, abade en Santiago de Compostela, aínda que sen autorización nin para confesar nin para dicir misa. Como político, durante a Guerra da Independencia, formou parte da Xunta de Defensa de Santiago. Por mor da súa postura contraria á soberanía da Xunta Suprema de Galicia, condenárono en xullo de 1808 a dous meses de arresto no convento de Herbón. En 1821 desterrárono a Canarias xunto con varios eclesiásticos e segrares que foran acusados de preparar unha conspiración absolutista contra o goberno constitucional. Colaborou asiduamente en xornais absolutistas como La Estafeta ou El Sensato. Entre as súas obras, publicadas postumamente, destacan Poesías de D. Antonio Francisco de Castro, cura párroco de San Martín de Fruíme, en el Arzobispado de Santiago...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e político. Foi embaixador español en Constantinopla (1820-1823), Londres (1824), Dresden (1825-1827) e, de novo, Londres (1827-1832). Alternou a política exterior cun breve período como secretario de Estado (1824-1825) pero abandonouna definitivamente o 1 de outubro de 1832, tralos sucesos de La Granja, cando María Cristina lle encargou a formación do novo goberno. Confirmado no cargo á morte de Fernando VII, en setembro de 1833, continuou a súa política encamiñada a manter as institucións introducindo reformas liberais. Martínez de la Rosa substituíno en xaneiro de 1834.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. En 1833 ingresou no corpo de garda de corps. Participou en diversas campañas contra os carlistas, na Guerra de Marrocos e na represión do movemento republicano en Andalucía (1868). Durante a Primeira República nomeárono capitán xeneral de València (1873) e dirixiu as operacións contra os cantonalistas de Cartagena e València. Durante a Restauración foi capitán xeneral en Euskadi, ministro de Guerra (1875-1879), con Cánovas del Castillo, e axudante de campo de Afonso XII, quen lle concedeu o título de marqués de Torrelavega en 1876.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Fernández Cerecedo.
-
PERSOEIRO
Crego e avogado. Bacharel en filosofía dende 1783 e licenciado en Leis e Canons en 1801, foi avogado da Real Audiencia de Galicia e abade na igrexa de Santa María de Dodro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista e cronista. Estudiou en Salamanca e exerceu como profesor na Universidad de Osuna. Emigrou a México onde foi cronista da capital, cóengo e reitor da Universidad de México. As súas ampliacións e traducións de Fernán Pérez de Oliva, Luís Mexía e Luís Vives publicáronse en 1546 baixo o título de Obras que Francisco Cervantes Salazar ha hecho, glosado y traducido. É tamén autor da Crónica de la Nueva España (1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en xerencia hospitalaria pola Escuela Nacional de Sanidad. Foi director xerente do Hospital Juan Canalejo da Coruña, xerente do Hospital General Universitario Gregorio Marañón de Madrid e exerceu como profesor de xestión hospitalaria do Centro Universitario de Salud Pública da Universidad Autónoma de Madrid. Iniciou a súa actividade política nos anos setenta como militante da Asamblea Nacional Popular Galega (AN-PG), a Asamblea Popular Galega (APG) e o Partido Obreiro Galego (POG); foi membro do Consello Nacional de Esquerda Galega e do PSG-EG desde a súa fundación ata 1990, e deputado do Parlamento galego, polo PSdeG-PSOE, na cuarta lexislatura (1993-1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor anónimo que realizou os frescos da igrexa alta de San Francisco en Asís contra o 1290 e que representan a vida deste santo. As pinturas atribuíronselle a Giotto di Bondone aínda que non corresponde co seu estilo; as tres últimas escenas atribúenselle ao mestre de Santa Cecilia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Lingüista. Foi profesor da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo (1986-1987) e, desde 1987, profesor de lingua galega na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1991 e 1992 realizou unha estadía de investigación no departamento de Lingüística da Universidade de Lisboa. Dende 1984 colabora no estudo de lexicografía e gramática realizado polo Instituto da Lingua Galega. Participou ademais en diferentes proxectos de investigación en lingüística galega, entre os que destacan Gramática histórica da lingua galega (1992-1995), Gramática descritiva da lingua galega (1995-1998) e Sintaxe descritiva da lingua galega (a partir de 1998). Colaborador en diversas revistas e publicacións especializadas, publicou varios artigos sobre lingüística galega, especialmente no eido da sintaxe, entre os que destacan “As construcións pronominais en galego” (1991), “Modelos de lingua e variación sintáctica” (1994), “Marcaxe preposicional...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Jiménez de Cisneros.
-
PERSOEIRO
Secretario de Carlos I. Membro da administración real desde os Reis Católicos, en 1517 foi nomeado secretario real por Chièvres e no 1518 encargouse da secretaría de Indias. Converteuse no principal administrador da Coroa de Castela en tempos de Carlos I. O rei concedeulle un dereito sobre a prata e o ouro extraídos das minas americanas, coñecido como o dereito de Cobos. En 1543 Carlos I nomeouno conselleiro do futuro Filipe II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arabista. Catedrático de Grego, Hebreo e Árabe en varias universidades. Considérase o fundador da moderna escola de arabistas hispánicos. Publicou varias monografías históricas na revista Estudios Cristianos de Historia Árabe-española e libros sobre numismática, como o Tratado de numismática arábigo-española (1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. A partir de 1878 foi profesor de filoloxía románica comparada e de filoloxía portuguesa na Universidade de Lisboa. Está considerado como o introdutor da filoloxía científica en Portugal. Na súa primeira obra, A língua portuguesa: phonologia, etymologia, morphologia e syntaxe (1868), que marcou o inicio dos estudios filolóxicos en Portugal, realiza un estudo comparativo das linguas románicas. Publicou, ademais, Questões da língua portuguesa (1879), Os dialectos românicos ou neo-latinos na África, Ásia e América (1880) e O Ensino histórico filológico e filosófico em Portugal até 1858 (1900).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor portugués. Estudiou dereito en Coimbra e exerceu como maxistrado. Da súa produción destaca In illo tempore (1902), Os meus amores (1891) e Manual político do cidadão português (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e xeógrafo. Ingresou na Academia militar de Guadalajara, onde obtivo o grao de tenente de enxeñeiros en 1839. Serviu ás ordes do xeneral Espartero na guerra contra os carlistas; ao seu remate recibiu a cruz da orde de San Fernando e o ascenso a capitán. En 1844 destinárono como agregado ao exército francés que desenvolvía a campaña de conquista de Alxeria. En 1846 incorporouse á dirección xeral de Enxeñeiros, dende a que comezou os traballos do Atlas de España a escala 1:200.000 (46 follas publicadas a partir de 1847). En 1866, un ano despois de acadar o ascenso a coronel, pediu o retiro do exército para dedicarse á investigación. Entre as súas obras destaca Reseña Geográfica de España y de sus provincias de Ultramar (1858).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Licenciado en Dereito e codirector do Teatro Español Universitario, colaborou na prensa (La Noche, Alba, La Voz de Galicia, El ideal gallego, etc) e cofundou as revistas Atlántida e Prosa y rima. Da súa produción destaca El dolor innumerable (1971), Poemas santiagueses (1971), Poemas del golf o cómo pasar el tiempo (1972), Retratos fieles de la nada (1972), Cuestiones retrospectivas (1974) e Tras esta luz escura (1992). Recibiu o primeiro premio nos Juegos Florales Hispanoamericanos da Coruña (1948) e nos Juegos Minervales Universitarios de Santiago (1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Vicenzo Carduci, centrouse nos temas bíblicos ambientados en fondos paisaxísticos de influencia flamenga. Realizou obras de pequeno formato. Entre os seus lenzos destacan: A visión de Ezequiel (1630), Vista dunha cidade (1634) e San Onofre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar de orixe galega. Capitán dos tres batallóns que integraban o rexemento da Morte ou da Victoria, creado por el en marzo de 1809 co obxecto de levantar a poboación da Terra de Montes fronte á ocupación francesa. Debido á falta de previsión do marqués de la Romana, xefe supremo do exército de Galicia, enfrontouse co xuíz de Cotobade, Manuel Taboada Cotón, no transcurso destas operacións. En marzo de 1809 participou, á fronte das súas milicias e xunto coas de Morillo e Cachamuíña, na conquista da cidade de Vigo, que estaba en mans francesas. Trala reconquista, a Xunta de Defensa da cidade nomeouno gobernador militar; sen embargo, a presión popular obrigou a substituílo poucos días despois por Cachamuíña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Editor e impresor. Primeiramente adquiriu unha librería en Santiago de Compostela. En 1830 mercou a imprenta de Ramón Temes Gil e transformouna nunha das de máis produción e de mellor calidade do seu tempo. Nas cidades de Santiago de Compostela, Ourense e Vigo editáronse libros e traballos que foron eloxiados pola súa calidade tipográfica. Entre as obras impresas por Francisco Compañel figuran Observaciones al Código Penal (1834), de Bermúdez del Villar, e Estorbos que padece la agricultura, aínda que esta última vai firmada co selo Viuda e Hijos de Compañel.
VER O DETALLE DO TERMO