Castro, Antón Francisco de
Relixioso, escritor e político absolutista. Formouse en filosofía e teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, aínda que nunca chegou a rematar os seus estudios. En 1777 foi nomeado cura de Fruíme (Lousame) e, posteriormente, abade en Santiago de Compostela, aínda que sen autorización nin para confesar nin para dicir misa. Como político, durante a Guerra da Independencia, formou parte da Xunta de Defensa de Santiago. Por mor da súa postura contraria á soberanía da Xunta Suprema de Galicia, condenárono en xullo de 1808 a dous meses de arresto no convento de Herbón. En 1821 desterrárono a Canarias xunto con varios eclesiásticos e segrares que foran acusados de preparar unha conspiración absolutista contra o goberno constitucional. Colaborou asiduamente en xornais absolutistas como La Estafeta ou El Sensato. Entre as súas obras, publicadas postumamente, destacan Poesías de D. Antonio Francisco de Castro, cura párroco de San Martín de Fruíme, en el Arzobispado de Santiago (1841), Las glorias de Galicia en la guerra de la independencia contadas por el cura de Fruíme (1841) ou diversos poemas como ‘A la rosa y al orgullo de la belleza’, ‘A una señorita ilustre’, ‘A un conejito’ e ‘Bonaparte’, incluídos no Álbum de la Caridad (1862). Tamén traduciu varias obras de Horacio e do Salmo XX de David.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Os Anxos, Oroso -
Deceso
Lugar : San Miguel de Agros, Santiago de Compostela