"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
PERSOEIRO
Avogado e político. En 1975 promoveu a creación do Partido Popular Regional Valenciano, integrado posteriormente na Unión de Centro Democrático (UCD). Foi vicepresidente do Congreso dos Deputados nas lexislaturas constituínte (1977-1979) e primeira (1979-1982).Tamén ocupou o cargo de presidente da Comisión Constitucional, en que presidiu a comisión mixta de delegados desta e da Asemblea de Parlamentarios de Galicia, que se reuniu en Madrid entre setembro de 1979 e outubro de 1980, para discutir o proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia, elaborado pola Comisión dos nove e que fora ratificado pola Asemblea de Parlamentarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de audible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade dunha planta para formar sementes por autofecundación de cada flor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incapacidade dun ser vivo para autofecundarse, malia posuír os dous sexos simultaneamente, ben porque a madureza dos gametos non coincide no tempo, ben por incompatibilidades de índole xenética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno polo que o primordio seminal dunha flor hermafrodita pode ser fecundado polo pole dela mesma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utilización deportiva do automóbil. O automobilismo desenvolveuse a partir do 1895, cando se percorreu por vez primeira o traxecto París-Bordeos-París. Esta data significou o comezo dun progreso rapidísimo do deporte do automobilismo e popularizou as carreiras por estrada. Despois da tráxica carreira París-Madrid (1903), as competicións empezaron a ser organizadas en circuítos pechados ou autódromos, nos que foron aparecendo as medidas de seguridade que hoxe son regulamentarias. Actualmente se poden clasificar as diferentes probas automobilísticas en: carreiras de velocidade, de resistencia, de montaña, rallyes e autocross. A FIA (Federación Internacional de Automobilismo) organiza anualmente varias probas que puntúan para os campionatos de cada especialidade, entre os cales destacan o Campionato do Mundo de Fórmula 1 e o Campionato do Mundo de Rallye. Na modalidade de rallyes, o coruñés Luís Rodríguez Moya proclamouse Campión do Mundo en dúas ocasións (1990 e 1992) como copiloto do madrileño...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que practica o automobilismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao automobilismo ou aos automóbiles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tropas auxiliares do exército romano. Os seus membros eran recrutados entre peregrinos, é dicir, non-cidadáns; estes recibían o dereito de cidadanía condo se licenciaban do exército.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que auxilia, que presta axuda ou socorro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
No modelo actancial de Greimas (Sémantique struturale, 1966) é a competencia modal do suxeito dotado das dimensións de “poder facer” ou “non poder facer” a realización dun programa narrativo. Nalgúns casos o suxeito engloba ambas as dúas estruturas modais; noutros, o auxiliante desdóbrase en dous actantes: o adxuvante, auxiliante positivo do suxeito que corresponde ao poder facer, e o opoñente, auxiliante negativo do suxeito que corresponde ao non poder facer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axudar a alguén a librarse dunha situación perigosa, comprometida ou difícil.
-
-
Que presta os seus servicios nun traballo, acción ou función como complemento ou axuda.
-
Persoa que axuda ou que ten como oficio auxiliar a outra nun traballo.
-
-
Dise do termo incidental empregado de tal xeito que, non representando un sentido completo, só pode ser entendido cando se atopa relacionado cun termo principal ao cal se adxunta.
-
verbo auxiliar
erbo incidental que depende doutro dentro dun mesmo sintagma verbal. O verbo auxiliar modifica a aquel do cal é incidente, asignándolle un matiz novo ao seu significado. Pódese descubrir que un verbo é auxiliar a partir deste carácter de subordinación respecto do outro verbo. Os verbos auxiliares que forman parte das perífrases son, fundamentalmente, ser, estar e haber. Así, por exemplo, en Filipe foi despedido por incompetente, o auxiliar é “foi”; en Vou estudar para enxeñeiro, “vou”; e en Temos que carrexar achas de leña, o auxiliar é “temos”.
-
-
Profesor dun centro de ensino que axuda ou substitúe ao profesor titular en casos de ausencia ou enfermidade.
-
Persoa destinada nun avión a atender os pasaxeiros e a tripulación.
-
Persoa que, dun xeito permanente e estable, contrata con terceiras persoas en nome dun comerciante ou empresario, baixo a dependencia deste e a cambio dunha retribución. Nunha acepción máis ampla, toda persoa que actúa directa ou indirectamente en nome dun comerciante, mesmo de maneira autónoma, como os axentes, os comisionistas, etc.
-
[ATS] Título da persoa que ten feitos os estudios oficiais que habilitan para exercer esta profesión: asistencia de enfermos segundo as instrucións do médico e intervencións de cirurxía menor.
-
Unidade non combatente.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construciones y Auxiliar de Ferrocarriles, SA.
-
-
Axuda prestada a alguén que se atopa nunha situación perigosa ou difícil.
-
Deber que, por razóns de humanidade, de parentesco, de interese público, etc, se impón pola lei obrigando a certas persoas ou entidades a axudar, asistir ou socorrer a outras, especialmente en situacións excepcionais. Deste xeito, non cumprir co deber de socorrer a toda persoa desamparada e en perigo manifesto ocasiona o delito de omisión de socorro; acontece co deber de cubrir as necesidades mínimas dos parentes pobres ou deber de alimentos e tamén co deber de prestarse auxilio mutuamente os órganos xudiciais (auxilio xudicial) ou outras autoridades non xudiciais. A omisión do deber de auxilio entre autoridades comporta o delito específico de omisión de auxilio.
-
Función identificada por Vladimir Propp (Morfoloxía do conto, 1928) na súa análise formal dos contos marabillosos, que designa as axudas que recibe o heroe para superar as probas que se lle presentan e conseguir o seu propósito.
-
Sacramentos e sacramentais administrados ao cristián en perigo de morte (confesión, comuñón e extremaunción): a unción dos enfermos, o viático, a absolución sub conditione, a indulxencia in articulo mortis, a axuda “a ben morrer”, etc.
-
-
-
Calidade de quen se move ou emprega os seus membros con facilidade e soltura.
-
Propiedade da persoa ou cousa que se conduce con rapidez e fluidez.
-
Na teoloxía cristiá, capacidade consistente no poder de trasladarse dun lugar a outro de xeito instantáneo, que posúen os denominados corpos gloriosos (a Virxe María e os santos).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de axilistrar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘volverse burro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de axilizar.
-
-
Facer que algo ou alguén se mova con facilidade e soltura.
-
Dar máis rapidez a algo para que se execute canto antes.
-