"Lob" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 251.

  • Liñaxe que se estableceu en Ribadavia. Entre as numerosas armas cómpre citar en campo de prata, dous lobos de sable manchados de prata, linguados de goles, andantes, colocados en pal, e bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro; en campo de goles, tres castelos de ouro ben ordenados, e bordo de prata con sete lobiños da súa cor; en campo de goles, tres castelos de prata ben ordenados e bordo de prata, con sete lobiños da súa cor; en campo e prata, dous lobos de sable, cebados de cordeiriños de goles, e bordo de goles, con oito panelas de ouro; escudo partido: primeira partición, en campo de prata, con dous lobos de prata andantes e postos en pao, bordo de sable, cheo; e segunda partición, en campo de ouro, cunha cruz de veiros de prata e azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi redactor xefe de fotografía de La Voz de Galicia e responsable do seu Arquivo Gráfico. Dirixiu cursos de fotoxornalismo na UIMP. Colaborador en medios como El País, El Periódico, La Vanguardia ou Cover, as súas obras, que pertencen ás coleccións de Unión Fenosa, do Museo Reina Sofía ou do IVAN, apareceron en libros de G. Torrente Ballester, Manuel Rivas ou Suso de Toro. Participou en exposicións fotográficas en Nova York, París, Stutgart, Chicago ou Londres e en publicacións colectivas como Galicia a pié de foto (1987), A memoria recobrada (1998) ou Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003). Recibiu o Premio da Crítica na sección de Ciencias e Artes da Representación (1991), o Premio Compostela’93 , o Premio Ortega y Gasset de fotoxornalismo (2003) e o Premio Doñana (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da ribeira esquerda da ría de Arousa, situada entre a de Chan e a punta Moreira, na parroquia e concello do Grove.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perfectura da República Centroafricana (19.235 km2; 186.121 h [1989]). A capital é Mbaīki (29.495 h [1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización que exerce presión sobre os poderes públicos para favorecer os intereses dos seus membros. O termo deriva da voz inglesa lobby, ‘vestíbulo’, que era o lugar das cámaras lexislativas onde os membros destes grupos mantiñan contactos cos membros das mesmas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xeral que recibe a extirpación cirúrxica dun lobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gorida do lobo.

    2. Lugar onde viven os lobos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Umia, que nace no monte do mesmo nome, na parroquia de András e desemboca na parroquia de Tremoedo (Vilanova de Arousa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Vicente que dá nome ao concello de Lobeira, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello que pertence á comarca de Baixa Limia, situado no SO da provincia de Ourense, no extremo S da Comunidade Autónoma de Galicia, a 41° 58’ 42’’ de latitude N e 8° 2’ 12” de lonxitude O. Limita ao N co concello de Verea (Terrra de Celanova), ao S cos concellos de Lobios e Muíños (Baixa Limia), ao L con Portugal e Lobios e ao O con Bande (Baixa Limia). Abrangue unha superficie de 68,8 km 2,cunha poboación de 1.089 h (2007) distribuídos nas parroquias da Fraga, Lobeira, Monte Longo, Parada, San Martiño de Grou, San Xes de Vilariño, Santa Comba e Santa Cruz de Grou. A súa capital, A Vila, na parroquia de Lobeira, está situado a 52 km de Ourense e a 162 km de Santiago de Compostela. Pertence ao partido xudicial de Bande e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    Os contrafortes meridionais da serra de Laboreiro configuran o relevo do concello. Este cordal montañoso esténdese por todo o N, NO e NL do concello, mentres que a parte central está ocupada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de sinople, unha cabeza de lobo de ouro, lampasado de goles, surmontada dunha estrela de ouro de oito raios. Entre outras numerosas variantes cómpre citar: en campo de sinople, dous lobos de ouro pasantes, un sobre o outro, colocados en pal, acompañados dunha estrela do mesmo metal de oito raios, situada no cantón destro do xefe. Tamén se recolle coa forma castelanizada Lobera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote do litoral atlántico, situado fronte á costa da parroquia do Pindo (Carnota), ao S da illa Lobeira Grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e sindicalista. Iniciou a súa actividade política como membro de Estudiantes Revolucionarios Galegos (ERGA) e formou parte do Sindicato Galego de Traballadores do Mar (INTG). Membro do consello nacional do BNG, foi secretario xeral de Galiza Nova (1992-1996). Foi deputado no Parlamento de Galicia na IV, V e VI (desde 1996) lexislaturas polo BNG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da costa atlántica, situada fronte á punta de Quilmás, no litoral da parroquia do Pindo (Carnota), ao N da illa Lobeira Chica e ao S da ría de Corcubión. É unha formación granítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monumentos megalíticos situados no monte das Motas e a serra de Laboreiro, como a de Cabreira, as de Outeiro das Moas ou as de Corno Dourado. No primeiro lugar contabilizáronse 11 mámoas, con forma poligonal, escavadas algunhas por López Cuevillas en 1923. Existe outro conxunto, de maiores dimensións, no N da Fraga, cunhas características moi semellantes ás do N de Portugal. Estas terras teñen vestixios arqueolóxicos que datan en 3000 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada no lugar da Vila (Lobeira). É de orixe románica pero sufriu transformacións posteriores. Ten unha soa nave con cuberta de canón, e no interior destacan as tallas de san Bieito, san Ramón e san Vicente, así como unha imaxe da Inmaculada do retablo policromado. Da construción orixinal consérvase o muro N e unha porta lateral cun arco apoiado sobre impostas decoradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torre da antiga fortaleza de Lobeira, onde Pepa a Loba se estableceu coa súa gavela e fixo popular a lenda de que no lugar habitaba a Raíña Moura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico situada entre a de Pedro do Sal e a praia de Santa Mariña, na parroquia de Xaviña (Camariñas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena enseada situada na ría de Corme e Laxe, na parroquia de Canduas (Cabana de Bergantiños).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao lobo.

    2. Persoa que se dedica a cazar lobos.

    VER O DETALLE DO TERMO