Lobato

Lobato
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que se estableceu en Ribadavia. Entre as numerosas armas cómpre citar en campo de prata, dous lobos de sable manchados de prata, linguados de goles, andantes, colocados en pal, e bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro; en campo de goles, tres castelos de ouro ben ordenados, e bordo de prata con sete lobiños da súa cor; en campo de goles, tres castelos de prata ben ordenados e bordo de prata, con sete lobiños da súa cor; en campo e prata, dous lobos de sable, cebados de cordeiriños de goles, e bordo de goles, con oito panelas de ouro; escudo partido: primeira partición, en campo de prata, con dous lobos de prata andantes e postos en pao, bordo de sable, cheo; e segunda partición, en campo de ouro, cunha cruz de veiros de prata e azul.