"Lor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
PERSOEIRO
Escritor. Cultivou a poesía na obra Donaires del Parnaso (1624) e o teatro, pero destacou, sobre todo, no conto ao xeito das novelle italianas, como aparece en Noches de placer (1631) e Los alivios de Casandra (1640). Escribiu unha novela longa de tradición picaresca, evolucionada cara a un certo costumismo en La garduña de Sevilla (1642).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno, frecuente nas selvas intertropicais, que consiste no nacemento das flores e, consecuentemente, dos froitos, sobre o tronco ou as pólas vellas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta caulifloria.
-
-
Relativo ao encéfalo e á columna vertebral.
-
Líquido incoloro situado no espacio subaracnoidal, nos ventrículos cerebrais e na epéndima. Fórmase mediante un proceso de ultrafiltración e segregación activa, nos plexos coroidais dos ventrículos laterais e do cuarto ventrículo, e nos vasos do espazo subaracnoidal. A súa circulación intercálase entre a arterial e a venosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campaña lanzada polo goberno da República Popular China en 1956 destinada a dar paso á libre expresión de intelectuais e artistas. Trouxo consigo unha corrente crítica contraria á excesiva concentración de poder, que provocou a reacción do Goberno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reconto estatístico da poboación da España peninsular elaborado en 1787 por orde de José Moñino, conde de Floridablanca e ministro do Rei Carlos III. A súa transcendencia histórica radica no feito de ser o primeiro cómputo censual realizado no territorio español no que se inscribiron individualmente os habitantes e non, como se viña facendo ata daquela, os veciños ou fogares. Os resultados do censo indican un total de 10.409.879 h no conxunto dos reinos peninsulares españois, dos que ao Reino de Galicia lle correspondían 1.345.803 h.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo fundado en 1966 con sede na Ciudad de México. O seu obxectivo é orientar a investigación do millo, centrándose particularmente na produción de alimentos nos países que están en vías de desenvolvemento. Promove e coordina tests e intercambios de xermoplasmas.
-
PERSOEIRO
Pintor. Entre 1883 e 1884 estudiou en Madrid e entre 1885 e 1886 en Roma. Foi profesor e director da Escola d’Arts i Oficis e director do Museu de Belles Arts de Palma de Mallorca. Formado dentro do realismo idealizante da pintura mallorquina do s XIX, recibiu en Roma a influencia da pintura histórica. Evolucionou cara a un impresionismo colorista de fondo académico. Recibiu diversos galardóns nas exposicións xerais de Belas Artes de Madrid dos anos 1906 e 1908, e na exposición internacional de Belas Artes de Barcelona de 1907. Foi académico correspondente da Real Academia de San Fernando (Madrid).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico. Doutor pola Universidade Pontificia de Santiago de Compostela, exerceu a docencia na mesma institución. Publicou El positivismo contemporáneo y la existencia de Dios (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bispo de Ourense (1922-1940) e escritor, irmán de Antonio Cerviño González. Licenciouse en Dereito Canónico e doutorouse en Teoloxía. Foi catedrático de Teoloxía e Teoloxía Dogmática no seminario de Tui dende 1884, fiscal do tribunal eclesiástico de Tui e cóengo maxistral da catedral de Tui, ata que foi nomeado bispo de Ourense en marzo de 1921. A súa doutrina teolóxica evolucionou dende un integrismo radical cara a un conservadorismo oposto ás reformas relixiosas da Segunda República española. Durante a súa mocidade escribiu varias poesías e artigos co pseudónimo de Solino Forcey, nunha polémica que mantivo con Indalecio Armesto en El Eco del Miño. Así mesmo, foi autor do panexírico polo tudense frei Rosendo Salvado e Rotea, bispo de Nova Nursia (Australia) en La Integridad de Tui. Publicou, ademais, Conferencias dogmáticas sobre el liberalismo, predicadas en la Santa Iglesia Catedral de Tui en el Adviento de 1898 (1898) e Primera carta pastoral dirigida al clero y fieles...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Realizou estudios musicais no Real Conservatorio de Música y Declamación de Madrid, en Roma, París e Milán. Fundou a Sociedad de Autores e dedicouse principalmente á zarzuela, con pezas como Música clásica (1880), La tempestad (1882), La bruja (1887), El rey que rabió (1891), El tambor de granaderos (1894), La revoltosa (1897), Curro Vargas (1898) e El puñao de rosas (1902). Nun intento de revalorizar a ópera en castelán, estreou Roger de Flor (1878), Circe (1902) e Margarita la tornera (1909). Tamén compuxo catro cuartetos de corda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero das algas verdes unicelulares e inmóbiles, da orde das clorococais, que ademais de vivir de xeito libre, é a alga predominante na simbiose con organismos de augas continentais. Vive no plasma de protozoos, esponxas, celentéreos e cilióforos, pero tamén aparece na simbiose de fungos liquenizados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacterias verdes e acuáticas da orde pseudomonadais. Son anaerobias, Gram-negativas e propias de augas ricas en xofre, que empregan como doador de electróns na fotosíntese. Teñen forma de bastón recto ou curvado e presentan bacterioclorofila en vesículas próximas á membrana plasmática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da suborde dos mitofoides ao que pertence o olloverde.
-
PERSOEIRO
Militar e cartógrafo. Levou a cabo diversas expedicións marítimas, das que deixou relatos de interese xeográfico e técnico como Apéndice al primer viaje de Magallanes (1788). Colaborou na realización do atlas marítimo de América do Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ista pintada nun cilindro oco cunha plataforma no interior onde se sitúan os espectadores.
-
Peza da decoración teatral consistente nun fondo semicilíndrico de cor neutra ou branca, sobre a que se pode proxectar luz.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos ciclorrafos.
-
Insecto da suborde dos ciclorrafos.
-
Suborde de insectos da orde dos dípteros que se caracterizan porque a forma adulta emerxe, logo de completar a metamorfose, dunha fenda que racha plenamente a cuberta pupal. Pertencen aos ciclorrafos as familias dos sírfidos, dos drosofílidos, dos califóridos e dos múscidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Claude Gellée.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato hidratado de aluminio, magnesio e ferro, de fórmula (Mg,Fe)5Al(OH)8(Si,Al)4O10. Pertence ao grupo das cloritas. Os cristais son laminados, pseudohexagonais e, ás veces, prismáticos ou en forma de tonel de cor branca verdosa, raras veces amarela ou branca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘cor verde clara’. Na terminoloxía química indica a presenza do ligando cloruro na denominación sistemática dos compostos complexos ou que unha substancia orgánica contén cloro. Ex: clorofila, cloroetano, cloroformo.