"Odón" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 142.

  • Periósteo do tecido dentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos placodontes.

    2. Réptil fósil do grupo dos placodontes.

    3. Grupo de réptiles mariños do triásico, de dentes planos e co corpo curto e recuberto de placas óseas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta os dentes fixados á cara lateral da superficie interna dos maxilares, como no caso dos réptiles con escamas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coitelo amplo, curvado e con mango que se usa para cortar as pólas sobrantes das árbores ou das plantas e así favorecer a súa medra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos animais que, como algúns vertebrados, teñen diversas denticións sucesivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos xenartros, da familia dos dasipódidos, ao que pertence o tatú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de pterosauros formado por individuos co cranio moi longo, aguzado e aplanado, boca enorme, mandíbulas longas en forma de tesoiras e unha crista longa, comprimida e aguzada, que prolongaba o cranio cara a atrás e que lle servía de contrapeso ás mandíbulas. Viviron no Cretáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Danza francesa de orixe provenzal (s XVII), en dous tempos, de movemento moderado, en 2/4 ou 2/2, semellante á bourrée. Introducíuse na suite de clavecín a finais do s XVIII.

    2. Contradanza de finais do s XVIII e principios do XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de manganeso, de fórmula MnSiO3 que cristaliza no sistema triclínico. É exfoliable e fráxil, e presenta unha fractura concoidal. Ten unha dureza de 5,5 a 6,5 e un peso específico de 3,4 a 3,7 e unha cor vermella carne e ás veces escura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da familia das hidnáceas, ao que pertence a lingua de ovella moura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos molares ou premolares presentes nos carnívoros caracterizados polo feito de que as súas coroas son afiadas e cortantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada un dos molares presentes nos cabalos e nos ruminantes que se caracterizan pola presenza duns pregamentos verticais de esmalte, en forma de media lúa. Son pezas adaptadas para a trituración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos simetrodontes.

    2. Mamífero da orde dos simetrodontes.

    3. Orde de mamíferos, carnívoros ou insectívoros, da subclase dos terios, coa mandíbula esvelta, longa e formada por un óso dentario único. Existen fósiles seus no Xurásico e no Cretáceo en Inglaterra, América do Norte e Asia setentrional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos insectívoros, da familia dos solenodóntidos, duns 30 cm de lonxitude e 1-1,2 kg de peso, con fociño prolongado nunha pequena trompa núa no extremo e con longas e numerosas vibrisas na base. A este xénero pertence o almiquí.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos solenodóntidos.

    2. Mamífero da familia dos solenodóntidos.

    3. Familia de mamíferos, da orde dos insectívoros, á que pertence un só xénero, o Solenodon.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase aos dentes implantados nos alvéolos dos ósos destinados a aloxalos.

      2. Aplícase ao animal con dentes tecodontes.

      1. Relativo ou pertencente aos tecodontes.

      2. Réptil fósil da orde dos tecodontes.

      3. Orde de réptiles diápsidos co cranio longo e esvelto, con buratos preorbitais e palatinos, dentes tecodontes e sen dentes palatinos. As extremidades posteriores, máis grosas ca as anteriores, indican a tendencia á marcha bípeda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tetraodóntidos.

    2. Peixe da familia dos tetraodóntidos.

    3. Familia de peixes teleósteos, da orde dos tetraodontiformes, que presentan dúas placas soldadas en substitución dos dentes, escamas transformadas en espiñas, sobre todo na cara ventral, ou ben sen elas, corpo fusiforme curto e amplo, que se pode inflar como un globo e flotar sobre a auga arrastrada polos ventos e correntes. Viven nos mares tropicais e temperados. OBS: Tamén se denominan peixes globos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tetraodontiformes.

    2. Peixe da orde dos tetraodontiformes.

    3. Orde de peixes actinopterixios, da superorde dos teleósteos, que presentan o corpo revestido de placas óseas, cabeza grosa cos premaxilares e os maxilares soldados entre eles, boca e fosas branquiais pequenas, escamas rugosas e grosas ou espiñas, aletas peitorais, cando as ten, en posición torácica. Son xeralmente mariños e costeiros e viven nas zonas tropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado arredor do Guadarrama, ao NO da aglomeración da capital (15.563 h [2001]). É un centro turístico e de veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO