"Omo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 696.

  • Terreo preparado para unha carreira de cans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [Elettaria cardamomum, Fam das zinxiberáceas]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi cantante e organista da catedral de Tivoli e mestre de capela do Collegio Germanico de Roma. Considerado como un dos grandes mestres da cantata e do oratorio latino, posuía un notable sentido dramático e unha gran variedade de expresión melódica. Compuxo arredor de 130 cantatas con recitativos e arias, máis de 200 motetes, misas, pezas para órgano e, sobre todo, oratorios latinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Encarcerado nunha prisión veneciana, acusado de prácticas ocultistas, narrou a súa fuga en Histoire de ma fuite (Historia da miña fuxida, 1787-1788). Viaxou por toda Europa e coñeceu os personaxes e ambientes máis refinados da época. Home típico da ilustración, recórdaselle polas súas aventuras amorosas. Nomeado bibliotecario do duque de Waldstein-Wartenberg no 1785, dedicou os últimos anos da súa vida á redacción da novela Isocameron (1778) e do volume de memorias Histoire de ma vie (Historia da miña vida, 1791-1798).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Incio baixo a advocación de san Tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Exerceu o seu labor profesional en El Buscapié, do que ademais foi redactor cando menos ata 1881. Dirixiu posteriormente El Eco de Galicia (1882-1898), onde contou coas colaboracións de Lorenzo Gómez Quintero e Ramón Iglesias Camino, ata que foi substituído por Emilio Tapia. Ao rematar este período emigrou a México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos peixes que acoden desde os ríos e lagoas litorais ao mar para reproducirse. Por extensión, considéranse parcialmente catádromas aquelas especies que, sendo mariñas, van desovar a augas máis profundas e afastadas das costas, así como as especies de auga doce que se trasladan cara á parte baixa dos ríos para desovar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias aerobias ou anaerobias facultativas, da familia das corinebacteriáceas propias do solo e descompoñedoras da celulosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conduto que comunica o celoma co exterior e que adoita ter unha función excretora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orificio que comunica, a través do celomoduto, o celoma co exterior, e que se pode abrir e pechar mediante un esfínter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñecía na Antigüidade o cabo Touriñán. Estrabón tamén o denomina cabo Nerion, xa que nesta zona habitaba o pobo dos célticos nerios (celtici neri).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Pitocchetto, permaneceu activo entre 1724 e 1738, tempo no que realizou retratos dentro dunha estética realista que amosan a sociedade campesiña do seu tempo. Entre as súas obras destaca A lavandeira e Peregrino descansando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome checo dos cerros Checo-moravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas verdes de talo filamentoso e non ramificado, de ata 6 cm de lonxitude e con 0,5 mm de diámetro. Forma grupos mestos fixados ao substrato mediante un pequeno disco. En Galicia está presente a especie C. aerea sobre pedras do litoral, mesturada con algas do xénero Enteromorpha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roger Chomeaux.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e técnico cinematográfico. Foi o rival de Méliès, xa que inventou un gran número de efectos especiais como o traveling, que introduciu por primeira vez na película Cabiria, a coloración manual dos filmes e as trucaxes. En 1910 fundou a súa propia produtora. Entre as súas películas destacan: Los guapos del parque (1905), Voyage à la planète Jupiter (Viaxe ao planeta Xúpiter, 1907), Mars (Marte, 1908) ou Voyage au centre de la Terre (Viaxe ao centro da Terra, 1909). Rematou a súa carreira en Francia, onde colaborou no Napoleón de Gance.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias aerobias Gram-negativas, con forma de bastón, que poden producir o pigmento violaceína, de propiedades antibióticas e de cor púrpura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariación estacional da medida e da forma do corpo experimentada por algúns animais planctónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ehículo lixeiro de dúas rodas, semellante a unha bicicleta, con pedais ou sen eles, provisto dun motor de explosión de dous tempos de cilindrada inferior a 50 cc, con embrague de disco ou centrífugo. Polo xeral, leva cambio de velocidades manual de dúas ou tres marchas ou variador continuo de velocidade, que se acende cos pedais ou cun pequeno motor eléctrico de arranque; as normas de circulación non lle permiten exceder dunha velocidade de 45 km/h sobre unha superficie chá. Os primeiros modelos consistían nunha bicicleta á que se lle engadía un motor que movía unha das rodas por rozamento mediante unha cadea. Co tempo converteuse nunha motocicleta de dimensións reducidas, adecuada para a circulación urbana e para traxectos curtos.

    VER O DETALLE DO TERMO