catádromo -ma
catádromo -ma
(< cata- + grδρόμος ‘carreira’)
adx
[ICT]
Aplícase aos peixes que acoden desde os ríos e lagoas litorais ao mar para reproducirse. Por extensión, considéranse parcialmente catádromas aquelas especies que, sendo mariñas, van desovar a augas máis profundas e afastadas das costas, así como as especies de auga doce que se trasladan cara á parte baixa dos ríos para desovar.