"Perez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 270.

  • GALICIA

    Político. Militante e membro do consello nacional do BNG desde 1986, foi alcalde de Vigo (1999-2003), e como tal presidiu a Mancomunidade de Concellos da Área Intermunicipal de Vigo e a Fundación Provigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e médico. Abandonou a medicina militar para converterse nun defensor público dos ideais republicanos. Exiliado (1866), volveu a España tras o triunfo da Revolución de 1868 e continuou a propagar o republicanismo federal, especialmente entre a comunidade campesiña. Foi un dos principais alentadores do Pacto Galaico-Asturiano (1869). Obtivo representación parlamentaria en tres lexislaturas (1872-1873) e foi ministro de Fomento (1873). Exiliado novamente por causa do golpe militar do xeneral Pavía, ao seu regreso á Coruña continuou o seu labor médico e filantrópico. Publicou Memoria sobre los hospitales militares, Reglamento de exenciones físicas e traduciu a obra de J. A. Depaul Tratado teórico y práctico de auscultación obstétrica (1859). Tamén publicou dous libros de poemas El señor Juan (1883) e Perucho (1887). Foi presidente de honra da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquiveiro e escritor. Foi arquiveiro municipal de Santiago de Compostela desde 1885 e traballou tamén, entre outros, nos arquivos da mitra, catedralicio e no de protocolos da capital galega. Fundou o xornal Organillo (1883) e colaborou en Boletín de la Real Academia Gallega, El Eco de Santiago, Galicia Diplomática, La Patria Galega e Revista Gallega. Participou na Liga Rexional Galega (1898) e foi o seu membro correspondente en Santiago de Compostela. En 1923 dirixiu a investigación documental para a sección de arte barroca do Seminario de Estudos Galegos. Dos seus escritos destacan Biografía del escultor Ferreyro (1898), Historia del periodismo santiagués (1905), Notas viejas galicianas (1925-1927) e Dicionario de artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII (1930). Pertenceu á Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e foi académico da Real Academia Galega e correspondente da Real Academia de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico teatral. Dirixiu o Centro de Documentación Teatral (1983-1992 e 1996-1997) e fundou diversas revistas dedicadas ás artes do espectáculo, como El Público e Pipirijaina. Das súas obras destacan Los grupos de teatro independiente (1973) e Los teatros de Madrid, 1982-1994 (1995). Recibiu o Premio Simón Bolívar de Teatro en Venezuela (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras, como autor galego pódese encadrar dentro da Xeración do 36. Coñeceu o galego a través da lírica medieval e escribiu nesta lingua os libros de poemas As canciós d’ise amor que se diz olvido (1951) e As derradeiras pombas do serán (1991), en que, coma no anterior, o autor canta ao amor pasado en versificacións curtas, semellantes ás da cantiga popular. É tamén autor de África 1966 (1966), Los cantos de Montenegro y otros poemas (1981) e A través de la fe llegó la vida (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director de fotografía. Realizou os primeiros traballos cinematográficos como operador da Casa Verdaguer, de onde pasou aos laboratorios de Hispania-Films, como axudante de Luis R. Alonso. Durante a República traballou como director de fotografía en varias curtametraxes. Membro do equipo técnico do Departamento Nacional de Cinematografía, despois de participar nunha serie de documentais e filmes vinculados co franquismo durante a Guerra Civil e de elaborar o Noticiario Español, debutou como director de fotografía no filme de ficción Oro vil (1941), de Eduardo G. Maroto, ao que seguiron Botón de ancla (1947), Rumbo (1949) e Vértigo (1950), onde destacou pola súa fotografía de exteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Corrixidor de Cartagena, foi adiantado e capitán xeneral de Murcia. Como gobernador de Filipinas (1590-1593) asegurou a defensa do arquipélago, ao tempo que apoiou o seu desenvolvemento cultural, comercial e marítimo. Durante unha expedición ás illas Molucas, os tripulantes da galera onde viaxaba asasinárono. Débeselle a impresión das Doctrinas Cristianas, unha en tagalo e outra en chinés, primeiras mostras da imprenta filipina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, fillo de Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneyra. Cabaleiro da orde de Calatrava, foi capitán en Flandres e sucedeu a seu pai no goberno de Filipinas (1593-1595) e conseguiu evitar o ataque dos chineses a Manila, ademais de pacificar Isabela e outros territorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre. Señor das Mariñas e de Mesía, defendeu a cidade da Coruña ante o conde de Benavente, R. Pimentel, e participou na Batalla de Altamira (1471) contra Alonso de Fonseca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Mateo de Lecce, formouse en Roma cos seguidores de Miguel Anxo, e tomou como referencias a C. Salvati e T. Zucari. En 1590 divulgou o manierismo en Lima. Traballou en Malta e Sevilla, onde se conserva a súa obra San Cristóforo (1584).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernán Pérez de Andrade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Capitán de pesca. Foi oficial e capitán de diversas frotas, como as de Pescanova e Pescafría, e presidente do club de dirixentes de empresa da Cámara de Comercio da Coruña e da Unión Bacallaeira Internacional. Escribiu Los descubrimientos de la flota pesquera española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e poeta. Embaixador da República en Londres (1931-1936) e discípulo de Leopoldo Alas Clarín, a súa obra poética, modernista, en La paz del sendero (1904), converteuse en ideolóxica e conceptual a partir de El sendero innumerable (1916). As súas primeiras novelas foron realistas e con trazos autobiográficos, como A.M.D.G. (1910). Con Belarmino e Apolonio (1921) comezou unha nova etapa en que dominou o intelectualismo. Destacan tamén a súa novela en dous volumes Luna de miel, luna de hiel/Los trabajos de Urbano y Simona (1923), o libro de poemas El sendero andante (1921), e os ensaios Hermann encadenado. Libro del espíritu y del arte italiano (1917), Política y toros (1918) e Fábulas y ciudades (1961). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1927) e foi membro da Real Academia Española (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e político. Foi deputado nas Cortes de Cádiz (1814), ministro de Estado (1820-1821 e 1838-1840) e embaixador en Lisboa (1834-1848). Presidiu o Consello de Ministros (1838-1840) e, coa derrota do goberno, tivo que exiliarse ata que acabou a rexencia de B. Espartero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e pintor. Pasou grandes tempadas en Reino Unido, onde asimilou referencias pitóricas. Desde 1858 traballou como litógrafo en diversas editoriais. O que máis pintou foi a paisaxe, nun ton romántico e cunha pincelada longa e técnica solta sobre un minucioso debuxo. Cultivou a acuarela e o óleo. Destacan Igrexa gótica (1862) e Paisaxe (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático. Foi subsecretario da ONU para asuntos políticos (1978-1981) e secretario xeral das Nacións Unidas (1982-1991). Posteriormente, fundou o partido de centro Unión polo Perú, que se converteu na segunda forza do país (1995). Foi nomeado primeiro ministro de Perú (2000-2001) para garantir as eleccións lexislativas. Escribiu Manual de Derecho diplomático (1964). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e xornalista. Coñecida como Sofía Casanova, frecuentou os círculos literarios do marqués de Valmar e de Ramón de Campoamor en Madrid. Casada co filósofo e nobre polaco Vicente Lutowslaski, marchou a Polonia, onde colaborou en diversas publicacións periódicas. Da súa variada obra destacan o libro de poemas Poesías (1889), a serie de artigos literarios Exóticas (1913), o conto Princesa del amor hermoso (1909), con ilustracións de Castelao, a novela Idilio epistolar (1931), a narración de viaxes Sobre el Volga helado (1903) e os libros históricos De la guerra: crónicas de Polonia y Rusia (1916) e El martirio de Polonia (1945). Foi membro correspondente da Real Academia Galega (1906) e recibiu o título de académica de honra (1952). Foi galardoada coa Gran Cruz de Beneficiencia, concedida por Afonso XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Coñecido como Vicente Casanova, desempeñou un destacado labor xornalístico en El Correo, La Democracia e La Monarquía, e como director de La España Artística, onde asinaba os artigos co pseudónimo de Dómine Cervatana. Da súa produción destacan os libros de poemas Versos (1899) e De la Juventud (1912), a novela La toga del reo (1923), e a comedia Neurosis (1921). Tamén escribiu as zarzuelas El pino del norte (1907) e Ronda de primos (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, sétimo duque de Medina Sidonia, conde de Niebla e marqués de Cazaza. Capitán xeneral da costa de Andalucía, Filipe II nomeouno capitán da Armada Invencible (1588). Atribuíuselle parte do fracaso da Armada pola súa incompetencia, aínda que posteriormente foi vicerrei de Andalucía e capitán xeneral do Mar Océano (1595).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Niebla e grande de España, comendador da orde de Calatrava. Foi mordomo de Carlos II e lugartenente de Catalunya (1690-1693), e fracasou na loita contra os franceses. De volta na corte, primeiro apoiou a Mariana de Neoburgo pero máis tarde defendeu os Borbóns.

    VER O DETALLE DO TERMO