Pérez Costanti, Paulo

Pérez Costanti, Paulo

Arquiveiro e escritor. Foi arquiveiro municipal de Santiago de Compostela desde 1885 e traballou tamén, entre outros, nos arquivos da mitra, catedralicio e no de protocolos da capital galega. Fundou o xornal Organillo (1883) e colaborou en Boletín de la Real Academia Gallega, El Eco de Santiago, Galicia Diplomática, La Patria Galega e Revista Gallega. Participou na Liga Rexional Galega (1898) e foi o seu membro correspondente en Santiago de Compostela. En 1923 dirixiu a investigación documental para a sección de arte barroca do Seminario de Estudos Galegos. Dos seus escritos destacan Biografía del escultor Ferreyro (1898), Historia del periodismo santiagués (1905), Notas viejas galicianas (1925-1927) e Dicionario de artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII (1930). Pertenceu á Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e foi académico da Real Academia Galega e correspondente da Real Academia de la Historia e Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela

  • Deceso