"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

  • Parte da Xeografía que estudia a distribución espacial dos animais (Zooxeografía), incluso do ser humano (Antropoxeografía), e das plantas (Fitoxeografía), e intenta explicar as súas causas e a súa variación ao longo do tempo, mediante a axuda doutras disciplinas xeográficas, biolóxicas e xeolóxicas, como a Ecoloxía, a Coroloxía, a Biocenoloxía, a Xenética de poboacións, a Paleontoloxía, a Climatoloxía e a Paleoclimatoloxía. Deste xeito, considérase a área actual de distribución dunha especie ou taxon como resultado das áreas de distribución pretéritas, da existencia ou ausencia de barreiras, da facilidade de diseminación e das condicións do ambiente físico e biolóxico. Hai especies que teñen unha área de distribución pequena (especies estenocoras), e incluso limitada a un territorio determinado (especies endémicas). Non obstante , outras ocupan unha grande área (especies euricoras, en termos xerais, e cosmopolitas, se se estenden por todo o mundo). A Bioxeografía presta especial atención...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertence á Bioxeografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da Botánica que estudia os brotes ou rebentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Redución da abertura palpebral mediante a sutura dos bordos das pálpebras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu na cidade da Coruña o 1 de xaneiro de 1895. Cesou o 24 de decembro de 1896. Dirixida por Uxío Carré Aldao, serviu de boletín propagandístico da súa Librería Gallega e como plataforma divulgativa da literatura galega. Entre os seus colaboradores figuraban W. Insúa, Eduardo Pondal, Lisardo R. Barreiro, Martelo Paumán ou F. Vaamonde Lores. Tiña unha tirada considerable: 3.000 exemplares do número 1 e 5.000 dos seguintes. O boletín incluía información sobre publicacións periódicas, certames literarios e acontecementos biográficos relativos a escritores, ademais dunha relación das obras publicadas en Galicia no mes anterior. Na “Sección bibliográfica” do nº 8 apareceu o reproducidísimo conto A pantasma de Francisco Añón. Outros colaboradores foron Noriega Varela e Álvarez de Nóvoa, quen no número 17, do 22 de maio-outubro de 1896, publicou o relato titulado “A nai” do libro Pé das Burgas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada a partir de 1955 pola Agrupación Fotográfica Gallega.   No seu número 30 (1958) inclúense as seccións “Galicia Fotográfica”, “Cine” e “Ecos Sociales”, entre outras. Conta coas colaboracións de Salvador Lorenzana e Carlos Espinosa. Inclúese amais información sobre asociacións, exposicións, mostras, cursos e certames relacionados co mundo fotográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oceiro mensual do gremio dos tipógrafos composteláns, cun primeiro número que saíu do prelo o 30 de xuño de 1890. O seu director foi o secretario da Asociación, o republicano José C. Otero. Pode considerarse como o decano da prensa obreira de Santiago. Debido a discrepancias entre os afiliados, desapareceu xunto coa Asociación Tipográfica no ano 1891.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio manual que se emprega para escribir. Está provisto dun depósito de tinta viscosa en forma de tubo fino que se pecha nun extremo cunha bóla de aceiro de menos dun milímetro de diámetro que, ao premer e rodar sobre a superficie na que se escribe, deixa pasar a tinta, que sae do depósito e molla a parte exterior da bóla. OBS: Nun rexistro coloquial tamén se emprega a forma apocopada boli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Leonardo da Vinci, posuía un notable vigor expresivo. As súas obras están debuxadas e modeladas cunha enorme precisión. É autor da Madonna Casio (1500), A nai de Deus e o neno e Narciso na fonte. Destacou tamén como un bo retratista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e enxeñeiro italiano. Profundamente influído por Diofante, escribiu Algebra, parte maggiore dell’aritmetica, divisa in tre libri (Álxebra, a parte maior da Aritmética, dividida en tres libros, 1572). A segunda parte sobre Xeometría consérvase pero inacabada. Utilizou os números imaxinarios e introduciu anotacións, como as parénteses. Traballou no secado das terras pantanosas de Val di Chiara (Toscana).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador e caricaturista. Fundou numerosas publicacións e foi correspondente gráfico de The Illustrated London News nas guerras carlistas españolas. Foi autor tamén de caricaturas satíricas de factura policromada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de escribir mediante a utilización de abreviaturas e do seu estudio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía aeronáutica británica fundada no ano 1962 pola fusión das firmas Bristol Aircraft Corporation, Fairey Aviation Corporation Limited, English Electric e Vickers Armstrong Limited. Entre as súas realizacións está o Comet-IV, o cuadrirreactor VC-10, o trirreactor Trident HS-121 e o birreactor BAC-111; contribuíu a proxectos conxuntos como o do Concorde. Dende 1977 forma parte da British Aerospace.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame radiolóxico da árbore bronquial despois de ter inxectado un medio de contraste dentro da tráquea a través dun catéter. Permite explorar ata as pólas máis finas da árbore bronquial e emprégase sobre todo para o diagnóstico da bronquiectasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transmitir un telegrama por cable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ortografía incorrecta.

    2. Escritura viciosa contra as normas da ortografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada pola Asociación Cultural Alén de Malpica, orientada cara á difusión da cultura e da lingua galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral. Participou en diversas campañas da Guerra de Crimea. En 1870 invadiu os Estados Pontificios e ocupou Roma. Foi nomeado senador en 1871 e despois de ocupar a comandancia xeral de Turín (1873), retirouse en 1877.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Catedrático de Farmacia Galénica da Universidad de Madrid, foi o primeiro docente de España que incorporou a biofarmacia e a farmacocinética como parte fundamental da farmacia galénica. Entre outras obras, publicou en 1999 Interacciones medicamentosas (y otros factores modificadores de la respuesta). Foi director da Real Academia de Farmacia, presidente da Fundación José Casares Gil de Amigos da Real Academia de Farmacia, fundador do Comité Científico Europeo de Biofarmacia e Farmacotecnia e membro de número da Academia Nacional de Medicina e da Real Academia de Doctores. Foi galardoado coa Medalla especial do Comité Científico Europeo de Biofarmacia e Farmacocinética en 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO