Boletín de la Asociación Tipográfica

Boletín de la Asociación Tipográfica
[PUBLIC]

oceiro mensual do gremio dos tipógrafos composteláns, cun primeiro número que saíu do prelo o 30 de xuño de 1890. O seu director foi o secretario da Asociación, o republicano José C. Otero. Pode considerarse como o decano da prensa obreira de Santiago. Debido a discrepancias entre os afiliados, desapareceu xunto coa Asociación Tipográfica no ano 1891.