"RAI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 377.

  • Conxunto de 33 poemas da autoría de Gloria Sánchez galardoado en 1990 co Premio Merlín e incluído en 1994 na IBBY Honour List. Caracterizado pola súa naturalidade, ironía e humor, conxuga a tradición popular coa modernidade e emprega un ritmo rápido apoiado en recursos paralelísticos e xogos de palabras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo brasileiro. Licenciado en Dereito na Universidade de Recife, foi catedrático de Lóxica no Colexio Pedro II de Rio de Janeiro. Concibiu a filosofía como o medio para investigar os grandes problemas que atinxen á existencia humana, buscou eliminar preconceptos e falsas esperanzas, a través do método da introspección, de tal xeito que proporcionasen un coñecemento fundamental e verdadeiro que lle permitira ao home enfrontarse directamente á vida e á morte. Das súas obras destacan O mundo interior; ensaio sôbre os dados gerais da filosofia do espírito e Finalidade do mundo; estudos de filosofia e teleologia naturalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico e director de escena alemán. En 1967 incorporouse ao Aktionstheatre, un grupo teatral de vangarda para o que dirixiu Leoncio e Lena. Como dramaturgo cómpre salientar a obra Bremen Freiheit (Liberdade Brenana, 1971), presentada en galego en 1989 polo Teatro do Atlántico, con dirección de Xulio Lago. En 1969 iniciou a súa produción cinematográfica, na que destacan títulos como Götter der Pest (Os deuses da peste, 1969), Die Bitteren Tränen der Petra Von Kant (As amargas bágoas de Petra von Kant, 1972), Satansbraten (O asado de Satán, 1976), Lili Marleen (1980), Lola (1981) ou Querelle (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación constituída por unhas cincuenta sociedades agrarias e culturais creadas polos galegos residentes en Bos Aires. Fundada en 1921, tiña por obxectivo coordinar as distintas asociacións e potenciar os valores rexionais, a través da organización de conferencias, exposicións de arte e veladas literarias. A loita entre nacionalistas e non nacionalistas provocou a ruptura da federación en 1929 e a creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista. Ao proclamarse en España a Segunda República, enviaron dous delegados, Antonio Alonso Ríos e Suárez Picallo, que colaboraron na redacción do estatuto galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Marqués de Pozo Rubio. Afiliado ao Partido Conservador, foi deputado polo distrito de Caldas entre 1872 e 1873, e polo de Pontecaldelas practicamente sen interrupción entre 1876 e 1905. Desde 1885 ocupou numerosos cargos como ministro da Gobernación (1885 e 1891), ministro de Gracia e Xustiza (1890-1891), ministro de Facenda (1899 e 1902) e presidente do consello de ministros (1902 e 1905). Empregou unha política de saneamento financeiro despois do desastre colonial de 1898, mediante a lei de presupostos de 1899-1900, que motivou críticas e disturbios en diversas cidades españolas. Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, da Real Academia de Jurisprudencia, que tamén presidiu, e da Real Academia Española de la Lengua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Secretario xeral de FE de las JONS (1934), foi encarcerado tralo triunfo do Frente Popular (1936) e intercambiado polo Mando Nacional no transcurso da Guerra Civil. Foi ministro de Xusticia (1945-1951), ministro secretario xeral do Movemento (1951-1956) e conselleiro nacional do Movemento. Contrario á reforma política, en 1976 promoveu a asociación Frente Nacional Español, que reconverteu ese mesmo ano en Falange Española de las Juventudes Obreras Nacional-Sindicalistas (FE de las JONS), que presidiu ata febreiro de 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: alcacén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista alemán. Formouse en Berlín, onde foi un dos fundadores da Galerie am Moritzplatz (1977). Cultivou a pintura, a escultura, o cine e o vídeo e introduciu un certo nivel de compromiso social nas súas obras. Inscríbese na corrente dos novos fauves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira sudoriental da illa de Monteagudo, do arquipélago das Cíes, na parroquia das Illas Cíes, concello de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado chileno. Militou no partido liberal democrático e foi deputado e ministro de Xustiza, Instrución Pública e de Interior durante a presidencia de Pedro Montt (1907-1910). Ocupou a presidencia da República entre 1925 e 1927. Foi embaixador en España, Arxentina e Perú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo comunitario que se encarga do financiamento dos investimentos que programa e xestiona a Comisión Europea. Ten como obxectivo a consolidación do principio de solidariedade entre os estados membros, o desenvolvemento harmonioso da comunidade e a superación dos problemas de adaptación ao mercado interior. As súas accións diríxense cara a política agrícola común, as áreas atrasadas, as zonas industriais en declive, o emprego xuvenil e o paro. Dentro deste organismo están o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Europeo de Organización e Garantía Agrícola (FEOGA) e o Fondo Social Europeo (FSE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante e gravador. Formouse na École des Beaux-Arts. Recibiu a influencia de Manet e Degas e participou nas exposicións impresionistas. Dedicouse á caricatura e foi un precursor do expresionismo. Nas súas augafortes cultivou un misticismo relixioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pol baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Porto (Cabanas). Ten planta en forma de L formada por dous corpos rectangulares coa escaleira exterior adaptada ao ángulo. Reformouse en 1945 e engadíuselle unha galería acristalada erixida sobre un pórtico de formigón. O escudo trasladouse ao Arsenal de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado ao NL de Alcalá la Real, aos pés da serra de Alta Coloma (1.891 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa Lucía e a casa dos Mudarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘frade’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Frairía (Castroverde). Ten planta cuasicuadrangular con patio central interior. As plantas nobres son de cachotería con cantería e o patio de perpiaños de granito. Conserva a capela pegada ao edificio pola parte posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo francés. As súas investigacións sobre a memoria, o ritmo e a psicoloxía dos tempos convertérono nun dos representantes da psicoloxía experimental. Sucedeu a Henri Piéron na dirección da revista L’Année Psychologique. Cómpre destacar as súas obras Manuel pratique de psychologie expérimentale (1956), Psychologie du temps (1957), Traité de psychologie expérimentale (1963-1970), en colaboración con Jean Piaget, Psychologie du rythme (1974) e Psychologie de demain (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO