Fondos Estruturais da Unión Europea

Fondos Estruturais da Unión Europea

Organismo comunitario que se encarga do financiamento dos investimentos que programa e xestiona a Comisión Europea. Ten como obxectivo a consolidación do principio de solidariedade entre os estados membros, o desenvolvemento harmonioso da comunidade e a superación dos problemas de adaptación ao mercado interior. As súas accións diríxense cara a política agrícola común, as áreas atrasadas, as zonas industriais en declive, o emprego xuvenil e o paro. Dentro deste organismo están o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Europeo de Organización e Garantía Agrícola (FEOGA) e o Fondo Social Europeo (FSE).

Palabras veciñas

Fondo Social Europeo | fondón | Fondón, casa grande de | Fondos Estruturais da Unión Europea | fonducho | fondue* | fondura