"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • GALICIA

    Editor e empresario gráfico. Emigrado ao Uruguai, traballou na librería Real y Prado -naqueles anos a máis prestixiosa de Montevideo- ata que en 1871 fundou a Librería Nacional. Pouco despois editaba libros de recoñecidos intelectuais uruguaios como Bauza, Blixén, Cervantes, Jiménez de Aréchaga e Magariños, entre outros moitos. Foi o momento no que incorporou obradoiros de impresión ás oficinas da editorial, encargándose el mesmo da produción completa dos libros. Foi tamén administrador da Revista del Plata (1882) e director do Banco de la República. Promoveu a famosa ‘Tertulia de Barreiro’, na que participaron coñecidos políticos, poetas, científicos e xornalistas da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director e guionista, irmán do tamén realizador e fotógrafo Enrique Barreiro. Colaborou con este nas súas primeiras experiencias coa fotografía cinematográfica en cor e co documental Pontevedra, cuna de Colón. Participou tamén na fundación da produtora Folk en 1932. A produtora estivo vencellada á intelectualidade nacionalista galega do momento. Rematada esta experiencia de Folk polas desavinzas familiares e polas dificultades para impoñer os noticiarios nas salas galegas, trasladouse a Madrid en 1935. Alí estudiou música, dirixiu unha empresa de mensaxería e dedicouse á fotografía publicitaria, colaborando por exemplo coa revista Vogue. En 1936 foi contratado pola empresa CEA para realizar os documentais Jerez, El monasterio de piedra e xa en 1936, o notable e prestixioso Velázquez. Esta especialización no xénero documental continuou ao longo da Guerra Civil coa realización da curtametraxe Madrid heroico (1936), producida polo anarcosindicalista SUICEP. A súa afiliación republicana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. En 1981 sumouse ao movemento que derrocou o Presidente Balmaceda. Foi Presidente da República entre 1910-1915 e durante o seu mandato integrou xunto con Arxentina e Brasil un bloque, chamado ABC, que pretendía contrarrestar a influencia dos EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, arqueólogo e ocasionalmente poeta. Realizou algúns traballos relevantes no marco dos estudios de Prehistoria e Arqueoloxía do século XIX, entre os que se deben mencionar Galicia monumental, geográfica, estadística, histórica, eclesiástica y civil (1859), Apuntes arqueológicos de Galicia. El monte Medulio (1863) e, principalmente, Antigüedades de Galicia (1875). En 1883 presentou o Dicionario epigráfico de arqueología y numismática, pero non se publicou. En relación con esta actividade pertenceu, como membro correspondente, á Real Academia da Historia de Madrid e á das Ciencias de Lisboa. En canto ao ámbito dos medios de comunicación, foi director e propietario de El Eco Coruñés (1865). A súa actividade literaria redúcese a tres composicións poéticas, a elexía romántica “Desdichas do meu amor”, recollida no Álbum de la Caridad, o poema longo “Un día de desfortuna”, aparecido en La Perseverancia en 1859 e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor vasco en lingua castelá e diplomático. Foi un precedente das teorías do nacionalismo castelá, e opúxose ao movemento político e intelectual vasco que encabezaba Sabino de Arana. Non obstante , a súa produción literaria é un canto exaltado do seu país: Los labios del monte (1924), Vírulo, mediodía (1927), etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Franxa de terreo que linda co mar.

    2. Área que está preto do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade semanal subtitulada como “Correo da Mariña”. Saíu do prelo en 1987 en Ribadeo e desapareceu no mes de decembro dese mesmo ano. Constaba de dezaseis páxinas e tiña un prezo de sesenta pesetas; editábanse entre 1.000 e 2.500 exemplares de cada número.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e físico italiano. Publicou traballos sobre hidrodinámica, óptica, teoría do potencial, electromagnetismo e termodinámica, e deu un gran pulo aos estudios sobre elasticidade. Estudiou a teoría de funcións de variable complexa e as xeometrías non euclidianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sochantre e director do coro da Catedral de Lugo a mediados do século XIX. Foi tamén profesor de canto do seminario. A súa obra coñecida é Método del Canto llano para uso de los profesores de Canto en los Seminarios Conciliares y Clero parroquial, escrito en una sola clave, la de Do en cuarta y sin accidental alguna, publicado na Coruña na segunda metade do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Barcelona, Girona e Ausona (1018-1035). Fillo primoxénito de Ramón Borrell, casou con Sancha, filla do Rei Sancho García de Castela, e despois con Guisla, filla de Gaufredo I, conde de Empuries. Por testamento do seu pai, gobernou xunto á súa nai Ermesenda de Couserans, en 1021 asociouse despois con Sancha e finalmente, en 1024, asinou un pacto coa súa nai e gobernou en solitario. O seu goberno foi pacífico, aliado do Reino taifa de Lleida, repobou Cervera e as terras altas do río Gaià, e outorgou o privilexio de franquicia aos habitantes de Barcelona en 1025. Finou loitando contra o conde de Cerdanya, e os seus territorios foron divididos entre os seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Barcelona, Girona e Ausona (1076-1097). Fillo primoxénito de Ramón Berenguel I. Por testamento do seu pai gobernou xunto ao seu irmán Ramón Berenguel II, Cap d’Estopes. Chegaron a un acordo de goberno que foi efectivo ata o asasinato de Ramón Berenguel II, o 6 de decembro do 1082. No 1085 foi nomeado titor, por un período de once anos, do seu sobriño Ramón Berenguel III. No 1079 colonizou os chans de Urgell e repoboou Espluga de Francolí. Aliado do Rei taifa de Lleida e Tortosa, al-Mundsir, ante os ataques do Cid e do Rei da taifa de Zaragoza, al- Muta’min, foi vencido polo Cid en Almenar. Continuou apoiando a taifa de Lleida ante a conquista de València e foi novamente vencido polo Cid no 1090. Trala morte de al-Mundsir, o seu fillo Suleymán aliouse co Cid e o conde de Barcelona atacou Tortosa (1092). Renunciou ao condado en 1097 ao cumprirse o período de titoría do seu sobriño e parece ser que morreu na primeira cruzada en 1097 ou 1099.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e licenciado en Dereito. Simpatizou co Rexionalismo e mantívose próximo aos militantes de esquerdas, republicanos e carlistas. Foi un dos promotores das revistas Solidaridad Gallega e Galicia Solidaria. O seu pensamento, que se pode definir como neocatólico, está reflectido nas súas obras: Responsabilidad moral (1883), Liberalismo, Quid est? (1890), Reseña histórica y descriptiva de Santa María del campo de la ciudad de La Coruña (1892), La Eucaristía (1899) e Historia primitiva (1902), da que unicamente deixou publicada a primeira parte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e autor teatral. Escribiu unha obra titulada Ollo cos estudiantes, de carácter cómico, que foi representada polos estudiantes de Maxisterio de Ourense no ano 1932. Á súa vez, esta obra consta dunha segunda e terceira parte, en castelán ambas, tituladas respectivamente, Trampa adelante (1933) e Engaño sobre engaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e poeta alemán. A súa poesía, dunha linguaxe moi estilizada, xira ao redor do pasado nacional. Entre as súas obras destacan: Der Rhein (O Rin, 1922) e Das Nornenbuch (O libro dos parques, 1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está constituído por dúas pirámides unidas polas bases.

    2. Que presenta dúas pirámides situadas nas extremidades dun prisma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten os apéndices divididos en dúas ramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Barítono e cantante de ópera. Actuou con éxito nos teatros de Europa e América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Emigrado en Suíza, foi redactor xeral da revista El obrero, editada pola Federación da construción da Unión Sindical suíza, e secretario de organización da Unión General de Trabajadores (UGT). De volta a Galicia, foi secretario de organización do Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) e parlamentario polo PSdeG-PSOE nas tres primeiras lexislaturas galegas, de 1981 a 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e poeta. É autor dos poemarios en castelán Gemas de luz, Ánfora e Sonora soledad, e dos poemarios en galego Dor e saudade (1968), dentro dunha liña clasicista, e A corazón aberto (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e relixioso franciscano. Coñecido polo pseudónimo de Teófilo Hispano, foi colaborador de El Eco Franciscano. Escribiu as obras: Jerusalén. Cuadros de vida religiosa contemporánea en la Ciudad Santa (1915), Breve tratado de Caligrafía y escritura española (1925) e Lecciones de Dibujo para los Colegios y Escuelas primarias (1926), amais doutras publicacións que aínda se conservan inéditas.

    VER O DETALLE DO TERMO