Barros Sivelo, Ramón

Barros Sivelo, Ramón

Historiador, arqueólogo e ocasionalmente poeta. Realizou algúns traballos relevantes no marco dos estudios de Prehistoria e Arqueoloxía do século XIX, entre os que se deben mencionar Galicia monumental, geográfica, estadística, histórica, eclesiástica y civil (1859), Apuntes arqueológicos de Galicia. El monte Medulio (1863) e, principalmente, Antigüedades de Galicia (1875). En 1883 presentou o Dicionario epigráfico de arqueología y numismática, pero non se publicou. En relación con esta actividade pertenceu, como membro correspondente, á Real Academia da Historia de Madrid e á das Ciencias de Lisboa. En canto ao ámbito dos medios de comunicación, foi director e propietario de El Eco Coruñés (1865). A súa actividade literaria redúcese a tres composicións poéticas, a elexía romántica “Desdichas do meu amor”, recollida no Álbum de la Caridad, o poema longo “Un día de desfortuna”, aparecido en La Perseverancia en 1859 e un “Epigrama”, publicado en El Miño en 1857.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago