"RCH" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 203.

  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico inglés. Coñecido como Cary Grant, foi o galán por antonomasia da comedia estadounidense. Participou en numerosos filmes, entre os que destacan I’m no Angel (1933), Arsenic and Old Lace (1944), Night and Day (1946), Indiscreet (1958), North by Northwest (1959), That Touch of Mink (1962) e Walk don´t Run (1966). En 1969 concedéronlle un Oscar honorífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen fala mal dos demais e conta o que non debería.

    2. Que ou quen non quere ou non lle gusta traballar.

    3. Que ou quen carece de vergoña.

    4. Que ou quen é descoidado na limpeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigos poemas elexíacos galeses, conservados fragmentariamente. De data discutida, probablemente remóntanse aos ss VI e VII, con engadidos tardíos. Pertencen á literatura máis antiga de calquera lingua moderna, a dos Cynfeirdd (‘bardos temperáns’) composta por Aneirin, Taliesin, Myrddin -o Merlín artúrico- e Llywarch Hen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Episodio da Revolución Chinesa en que as tropas comunistas, para evitar o cerco e a destrución polas forzas de Guomindang, se retiraron desde Kiang-si, en China Meridional, a Shen-si, ao N de China, e fixeron case 10.000 km, de outubro de 1934 a outubro de 1935. Os xefes políticos e militares desta retirada, crucial na guerra civil e na Revolución Chinesa, foron Mao Zedong, Zhue Te e Zhu Enlai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de foguetes chineses destinados a poñer satélites en órbita. O primeiro da serie (CZ-1) entrou en servizo en 1970 e podía poñer en órbita baixa un satélite de 400 kg. O CZ-2 tiña unha capacidade de 1.200 kg e o CZ-3 podía situar en órbita 2,5t.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación chinesa de vela, duns cicuenta pés de eslora e dous paos, que se emprega na navegación de cabotaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe que se dá ou se recibe cun lorcho ou zapato vello e en mal estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calzado vello e en mal estado.

      1. Nome xenérico con que se coñecen varias especies de peixes de familias diferentes, en especial dos blénidos, dos góbidos e dos ofididos. Son de tamaño pequeno coa cabeza grande e segundo as especies, poden ser comestibles. Dentro do xénero Gobius, concéntranse unha gran parte de peixes que reciben este nome, como o lorcho cabezudo (G. cobitis), o lorcho dourado (G. auratus) ou o lorcho sanguinolento (G. cruentatus). Os blénidos deferéncianse dos góbidos por ter unha longa aleta dorsal e pel escorregadiza, como o lorcho bolboreta (Blennius ocellaris) ou os representantes do xénero Lipophrys. Teñen interese na pesca deportiva ou de ocio.

      2. lorcho cabecinegro [cast: moma] [Tripterygion delaisi, Fam dos tripteríxidos]

        Peixe que habita nos fondos, en sitios con pouca luz. Presenta aleta dorsal dividida en tres partes, as dúas primeiras espiñosas, e coloración variable. Os machos territoriais teñen a cabeza negra, e as femias e machos non territoriais son grisáceos. Aliméntase de invertebrados bentónicos.

      3. lorcho cheirento [Parablennius sanguinolentus, Fam dos blénidos]

        Peixe de pequeno tamaño, de ata 20 cm de lonxitude, sen escamas, que presenta a aleta dorsal continua. É gris con puntos e bandas doutras cores, herbívoro, e vive en pedregais de grava ou marxes de rochas.

      4. lorcho da area [Pomatoschistus minutus, Fam dos góbidos]

        Peixe de augas costeiras, en zonas areosas, que presenta ollos dorsolaterais, escamas na liña lateral e aleta caudal arredondada. As aletas dorsais están ben separadas, e os machos diferéncianse das femias porque non teñen o peito pigmentado e teñen unhas barras verticais negras nas costas.

      5. lorcho das pedras [Gobius paganellus, Fam dos góbidos]

        Peixe de augas interiores e da zona intermareal, con caluga con escamas, fazulas ás veces con escamas nun extremo, de cor acastañada e aleta caudal arredondada. Aliméntase de crustáceos e poliquetos.

      6. lorcho negro [Gobius niger, Fam dos góbidos]

        Peixe coa fazula sen escamas, de corpo baixo e alongado, cabeza grande con ollos laterais e aleta caudal arredondada. As femias son castañas, con puntos máis escuros nos costados e os machos máis escuros ca as femias, cunha mancha negra na parte anterior superior da aleta dorsal. Vive en augas interiores e aliméntase de lamelibranquios, poliquetos e larvas de quironómidos.

      7. lorcho transparente [Aphya minuta, Fam dos góbidos]

        Peixe nectónico, de corpo translúcido, que vive en cardumes e que se alimenta de zooplancto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo estadounidense. Foi delegado cultural da ONU. Destacan as súas obras The Happy Marriage (1924), Streets on the Moon (1926) e J. B.: A Play in Verse (1959). Obtivo en dúas ocasións o premio Pulitzer (1933 e 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta catalán. Consérvanse seis poesías líricas datadas entre os anos 1410-1430. Tamén destacan as súas poesías relixiosas e amorosas enmarcadas dentro da tradición trobadoresca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, fillo de Pere Marc. A súa obra componse de 128 poemas conservados en 13 manuscritos de finais do s XV e a primeira metade do s XVI, e en cinco edicións antigas, aparecidas entre 1539 e 1560. A súa poesía tratou principalmente o tema amoroso, fundamentada nunha ciencia de ideas aristotélico-tomistas sobre o amor, pola que os homes poderían atopar a plenitude do seu goce só coa contemplación do obxecto amado. Nas obras que pertencen a unha primeira época, aparecen os tópicos do amor cortés, e as que se inclúen nunha segunda época, aparece a contradición simbolizada pola oposición odio/amor. Da súa etapa final destaca o poema 87, primeiro dos grandes poemas morais e didácticos que caracterizan a súa poesía tardía: os seis Cants de mort e o Cant espiritual, a súa obra mestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta catalán. En 1393 foi nomeado mantedor dos primeiros xogos florais por Joan I, cargo que volveu ocupar en 1399. A súa obra literaria comprende tres poemas alegóricos, seis poesías breves e un dicionario de rimas, o Libre de concordances (1371).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta catalán, señor de Beniarjó e pai de Ausiàs Marc. Consérvanse nove poesías líricas dun ton sentencioso e moralizante e os poemas extensos Lo mal d´amor, L´arnes el cavaller e Lo compte final.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Comezou colaborando en Las Noticias e La Dona Catalana. A súa poesía é postsimbolista con elementos realistas (Rutas, 1938; La pasión desvelada, 1946 ou El viento, 1951). Tamén publicou novelas (Nina, 1949 ou Algo muere cada día, 1955), e, xunto co seu marido, Ricardo Fernández de la Reguera, escribiu dez títulos dos Nuevos episodios nacionales (1963-1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Financeiro. Participou na constitución da Compañía Transmediterránea (1916) e posteriormente na absorción de La Isleña (1917) e na creación dunha moderna fábrica de abonos químicos. A partir de 1918 iniciou a súa vida política desde o Partido Liberal e promoveu un amplio reagrupamento de forzas políticas contra mauristas. En 1926 constituíu a Banca March SA, e apoiou financeiramente a sublevación militar de xullo de 1936. En 1955 creou a Fundación Juan March, composta por un patronato e un consello, desde a que se promove a investigación científica e as relacións culturais entre o estado español e outros estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausiàs Marc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa alemana. Traballou para as publicacións Twen e Brigitte (1956), e os seus traballos, que amosan un punto de vista moi particular, foron expostos en Hamburgo e Berlín. Publicou Mann, oh! Man (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO