"RIM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 390.

  • Que ou quen emprega a man dereita con maior preferencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dirime.

    2. Referido á circunstancia que impide a celebración dun matrimonio canónico, por estar un dos contraentes inhabilitado para celebralo. Tamén anula o matrimonio no caso de que se celebrara sen dispensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode dirimir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pór fin a un problema.

    2. Acabar ou resolver un contrato, decidir unha sentencia ou anular calquera asunto legal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de discriminar.

    2. Infravaloración dun grupo humano por parte doutro. Prodúcese, sobre todo, por causas relixiosas, económicas, étnicas, lingüísticas ou sexuais.

      1. Diferenciación, comunmente cualitativa, entre dous ou máis obxectos.

      2. Comportamento polo que un estímulo recibe unha resposta, mentres que outro estímulo provoca outra diferente ou non produce ningunha.

    3. Eliminación dos sinais que entran nun circuíto electrónico, menos os que teñen unha determinada característica.

    4. Posibilidade de vender a prezos diferentes un mesmo produto nun período de tempo, en condicións de competencia imperfecta, como é o caso dos monopolios. O vendedor pode establecer diferencias de prezo segundo as características do comprador, ou segundo o uso ou o lugar xeográfico ao que vaia destinado o produto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de discriminar.

    2. Que implica ou denota discriminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen discrimina.

    2. Circuíto electrónico que converte as variacións de frecuencia ou de fase en variacións de amplitude. Emprégase nos receptores de FM para a detección. Os máis utilizados son o de Travís, o de Foster-Seeley e o chamado detector de relación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que discrimina.

    2. Invariante funcional que establece unha relación entre os coeficientes dun polinomio, e permite estudar as súas raíces e outras propiedades. No caso dun polinomio de grao n cunha soa variable, a0xn+a1xn-1+...+an, o discriminante é a expresión


      FORMULA


      En particular, o discriminante dunha ecuación cuadrática ax2+bx+c=0 ten como expresión D=b2 - 4ac.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Distinguir entre dúas cousas, ou entre varias.

    2. Tratar con inferioridade os membros dunha colectividade ou grupo humano, especialmente, por prexuízos relixiosos, sociais, lingüísticos, étnicos, políticos ou de sexo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • discriminatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que discrimina ou que implica discriminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período do reinado de Afonso XIII no que o xeneral Primo de Rivera actuou como xefe de goberno con poderes ditatoriais (13.9.1923-28.1.1930). Ante a incapacidade dos divididos partidos dinásticos para crear un goberno forte que afrontase a radicalización da loita obreira e que superase a situación de recesión económica, e ante as consecuencias políticas da Desfeita de Annual, o xeneral Primo de Rivera adiantouse á discusión no Congreso cun golpe de estado militar. Formouse un Directorio Militar coa misión de establecer a orde pública, suspendeuse o réxime constitucional, estableceuse unha ríxida censura e prohibíronse todos os partidos políticos e sindicatos, agás os ligados á patronal. A política do réxime levou a numerosos sectores a un enfrontamento co goberno que acentuou a radicalización dentro dos mesmos partidos dinásticos e do exército, incluso houbo dous intentos de cambio de goberno, a Sanjuanada (xuño de 1926) e o intento de Sánchez Guerra (xaneiro de 1929), que fracasaron. A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que designa un medio forestado onde prenominan especies arbóreas ou arbustivas, como unha fraga ou unha selva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de encubrir.

    2. Forma de participación nun delito con actos posteriores á súa consumación, sen que sexa necesario participar como autor ou cómplice, e que ten por finalidade impedir o descubrimento ou a captura do criminal e axudalo a aproveitarse dos efectos do delito. No delito de encubrimento tamén se inclúen os actos nos que se oculten o corpo ou os efectos do delito e a eliminación das pegadas realizadas, co fin de eludir a acción da xustiza. Os parentes próximos están exentos de pena se non participan dos resultados da acción criminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María a Real que dá nome ao concello de Entrimo, por ser onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Baixa Limia, situado na provincia de Ourense no extremo S da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N con Portugal e co concello de Lobeira (Baixa Limia), ao L e S co de Lobios (Baixa Limia), e ao O con Portugal. Abrangue unha superficie de 84,5 km 2 cunha poboación de 1.390 h (2007), distribuídos nas parroquias de Entrimo, Galez, A Illa, A Pereira e Venceáns. A capital municipal é o lugar da Terrachá, na parroquia de Entrimo, situada a 41° 56’ 3’’ de latitude N e 8° 6’ 43’’ de lonxitude O, 65 km ao SO de Ourense e 177 km ao SL de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Bande e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O concello de Entrimo está baixo o dominio oceánico húmido, se ben presenta certos matices de mediterraneización. O feito de que boa parte do territorio municipal quede protexido por dúas barreiras montañosas situadas ao N e ao O provoca que existan unhas elevadas precipitacións, especialmente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Entrimo. Pertenceu a unha antiga abadía e dende a súa fundación tivo o título de Real. Puido ter a súa orixe nun mosteiro que se integrou no de San Salvador de Celanova, pois os seus abades sempre pretenderon a abadía. Construíuse nun terreo pertencente á Coroa e as súas obras remataron no 1793 baixo o goberno do abade Agustín Levoso (ou Leboso). Ten planta de cruz latina con tres naves separadas por oito pilastras. A nave central é máis ancha e alta. O cruceiro cóbrese con bóveda de media laranxa e no exterior cun tambor octogonal rematado nunha lanterna. As naves cóbrense con bóvedas de crucería. Do conxunto destaca a fachada principal, concibida como un retablo pétreo dedicado á realeza de santa María, que constitúe unha mostra do estilo churrigueresco en Galicia. Este elemento cobre a nave principal da igrexa e componse de catro corpos: o primeiro composto pola porta que centra o conxunto, cun arco moldurado de medio punto e flanqueado por tres pares de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Deporte de combate que consiste no enfrontamento entre dous contendentes provistos dunha arma branca, coa que teñen que alcanzar o seu rival nalgún dos puntos do corpo marcados polo regulamento.
    Regulamentación
    Na práctica da esgrima deportiva pódense empregar tres armas: a espada, o sabre e o florete (cada unha delas constitúe unha especialidade). Os participantes visten unha indumentaria específica, que inclúe unha máscara, coa que se protexen dos golpes na faciana, e un peto provisto de sensores eléctricos ou electrónicos que indican a consecución dos touché do contrario, pois debido á dinámica dos combates resulta difícil percibilos coa vista. Os dispositivos máis convencionais consisten nun circuíto eléctrico no que se integran o peto coa arma do contrario, de xeito que, ao entraren ambos en contacto, péchase o circuíto e emítense sinais acústicos e luminosos. A única limitación que se lles impón aos participantes, á marxe das relativas ao sexo e á...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica a esgrima ou que sabe esgrimir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manexar unha arma para ameazar ou atacar con ela a alguén.

    2. Empregar algo como defensa en beneficio ou en contra de algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO