"RNE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

  • Persoa que coida ou cría carneiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira oriental da ría de Santa Marta de Ortigueira, na confluencia coa ría de Ladrido, situada na parroquia de Ladrido (concello de Origueira), fronte á illa de San Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos brutos e cabezóns. Documéntase desde moi cedo na Idade Media: “Alvitu Carneiro” (doc nº [942-977] en J. Mª Andrade Cernadas O tombo de Celanova, 1995, p 223). Adoita aparecer castelanizado coa forma Carnero.

    2. Apelido procedente do lugar de Carneros, na provincia de León, rexistrado tamén como Carnero. Espallouse por Zamora e Galicia e tamén pasou a Portugal. As súas armas levan, en campo de goles, unha banda de prata, cargada de tres flores de lis de azul, e acompañada de dous cordeiros andantes de prata, un arriba e outro abaixo. Os de Galicia levan, en campo de prata, unha árbore de sinople, afroitada de ouro e un carneiro de sable atravesado ao pé do tronco.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Macho adulto da especie ovina, do que se consegue unha carne vermella e graxa bastante apreciada. Aínda que as razas ovinas características de Galicia non logran unha calidade destacable para esta carne, o seu consumo ten relativa importancia, sobre todo o de años. Dende 1970, no último domingo de xullo celébrase en Moraña (Pontevedra) a festa do carneiro ao espeto, asado á maneira crioula.

      2. carneiro de dous dentes

        Carneiro que ten máis dun ano e non chega aos tres.

    1. Carne destes animais.

    2. berberecho.

    3. chirla.

    4. coquina.

    5. [Venus

    6. Denominación popular que reciben as larvas dos gurgullos, por ser grosas, de cor branca e aspecto engurrado, semellantes a ovellas diminutas. Desenvólvense xeralmente no interior de froitos secos, onde as femias introducen o ovo.

    7. Que ou quen naceu baixo o signo zodiacal de Aries.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor portugués. Iniciouse nos obradoiros de imaxinería relixiosa nos que traballou entre 1947 e 1958 e onde se familiarizou co traballo en madeira, pedra e marfil. En 1976 licenciouse na Escola de Belas Artes do Porto e recibiu o posgrao no Saint Martin’s School of Arts de Londres, onde coñeceu as correntes conceptuais da arte europea. Redactou un manifesto a favor dunha arte ecolóxica europea e desenvolveu propostas próximas ao land e ao earth art. Nos anos oitenta e noventa volveu á utilización da madeira e ás intervencións sobre a natureza tal e como recolle a serie Evocação da água (1991-1992). Recibiu en 1968 o Premio Nacional de Escultura e en 1985 o Premio Nacional de Artes Plásticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e debuxante portugués. Foi alumno do marqués de Oliveira na Academia do Porto e de Benjamin Constant e J. P. Laurens en París. Realizou retratos ao óleo dos personaxes da vida pública do Porto de comezos do s XX, como o Retrato de Eduardo Artayett, e retratos de familia e autorretratos como o Autorretrato do Museo de Amarante (1919). Cultivou tamén os temas históricos: Camões lendo os Lusíadas (1927). Na súa obra predomina o carácter realista pero tamén o expresionismo e o simbolismo que amosa no Tríptico da vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Fillo do pintor António Teixeira Carneiro, iniciou a súa formación no obradoiro do seu pai para despois estudar na Academia de Belas Artes do Porto e na Academia Julian de París. A súa carreira pictórica desenvolveuse en París ata os anos sesenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Deputado durante o goberno de Marcelo Caetano, foi ministro adxunto, en representación do Partido Popular Democrático, no primeiro goberno provisional trala caída da ditadura en Portugal. Líder da Aliança Democrática, foi elixido primeiro ministro no ano 1980. Escribiu, entre outras obras, Por uma Social Democracia (1975) e Uma Constitução para os Anos 80-Contributo para um Projecto de Revisão (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comerciante. Señor de Cobrados, tiña importantes negocios en Oriente. Foi alcalde da súa vila natal e construíu a capela de San Pedro, na igrexa de Santa María de Noia, onde está soterrado xunto á súa dona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘troita’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista italiano. Catedrático das universidades de Catania, Padua, Milán e Roma, reflexionou sobre distintas cuestións do dereito mercantil, laboral, penal e, sobre todo, procesual. Entre outras obras escribiu Lezioni, sistema e istituzione di diritto processuale civile (Leccións, sistema e institución do dereito procesual civil, 1936), Lezione sul processo penale, metodologia del diritto (Lección sobre o proceso penal, metodoloxía do dereito, 1939), La prova civile (A proba civil, 1915), Teoria generale del diritto (Teoría xeral do dereito, 1940) e Diritto e processo (Dereito e proceso, 1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelá correspondente ao apelido galego Carneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario. Licenciado en Económicas, doutor en Filosofía e Letras e catedrático de Literatura Española da Universitat de Alacant, foi o fundador e director da revista Anales de Literatura española desde 1982. Publicou, entre outras obras, os poemarios Dibujo de la muerte (1967), reeditado con novos poemas en 1971 e 1979, Libro de horas (1967), Modo y canciones del amor ficticio (1969), Barcelona, mon amour (1970), El sueño de Escipión (1971), Variaciones y figuras sobre un tema de La Bruyère (1974), El azar objetivo (1975), Ensayo de una teoría de la visión (1979), Música para fuegos de artificio (1989), Divisibilidad indefinida (1990) e Verano inglés (Premio Nacional de Literatura e Premio da Crítica 2000); e os estudios La cara oscura del Siglo de las Luces (1983), Espronceda (1974), El grupo “Cántico” de Córdoba (1976), Las armas abisinias (1989) e Estudios sobre el teatro español del siglo XVIII (1997). Coordinou os volumes correspondentes aos séculos XVIII e XIX da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vimianzo baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e reformador. Desenvolveu unha notable carreira eclesiástica ao servizo de Clemente VII. No 1540 comezou a frecuentar os círculos reformadores de Xoán de Valdés en Nápoles e aceptou a doutrina luterana da xustificación pola fe, pero repudiou o cisma. Exiliado en París, volveu a Roma no 1559, durante o papado de Pío IV. Perseguido pola Inquisición en 1566, foi apresado e decapitado en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e enxeñeiro industrial. Catedrático de Economía na Universidad de Madrid, está considerado como un dos introdutores da econometría en España. Publicou Lecciones de teoría económica (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e ilustrador. Enxeñeiro militar de profesión, estudiou pintura con Vidal e Pérez Villaamil. Especializouse na pintura de temática mariña. En 1878 foi nomeado conservador do Museo Naval. En 1868 tivo que exiliarse por ser partidario dos Borbóns e regresou ao ser proclamado Rei Afonso XII. Colaborou como ilustrador nas publicacións La Ilustración Española y Americana e La Ilustración Gallega y Asturiana. Entre as súas obras destacan Llegada del Rey al puerto de Carril, La Numancia saliendo de La Coruña, Vista de Vigo e a serie de debuxos Álbum de la marina española (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e erudito romano. Durante o reinado de Tiberio escribiu unha enciclopedia titulada De artibus (Sobre as artes) na que trataba, entre outros, temas relacionados coa retórica, a filosofía, a agricultura, a arte militar e a medicina. Desta obra só se conservou o sexto tratado denominado De re medica (Sobre temas médicos), primeiro texto médico impreso (1478).

    VER O DETALLE DO TERMO