carneiro -ra

carneiro -ra

(< lat (agnu)

    1. s m [ANIMAL]

      Macho adulto da especie ovina, do que se consegue unha carne vermella e graxa bastante apreciada. Aínda que as razas ovinas características de Galicia non logran unha calidade destacable para esta carne, o seu consumo ten relativa importancia, sobre todo o de años. Dende 1970, no último domingo de xullo celébrase en Moraña (Pontevedra) a festa do carneiro ao espeto, asado á maneira crioula.

      Ex: Levaron os carneiros ao prado porque na casa non había quen apañase herba.

    2. carneiro de dous dentes

      Carneiro que ten máis dun ano e non chega aos tres.

  1. s m

    Carne destes animais.

    Ex: Comemos carneiro asado con patacas. Comprou un quilo de carneiro.

  2. s m [ANIMAL]

    berberecho.

  3. s m [ANIMAL]

    chirla.

  4. s m [ANIMAL]

    coquina.

  5. v m [ANIMAL]

    [Venus

    Sinónimos: arneirón.
  6. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Denominación popular que reciben as larvas dos gurgullos, por ser grosas, de cor branca e aspecto engurrado, semellantes a ovellas diminutas. Desenvólvense xeralmente no interior de froitos secos, onde as femias introducen o ovo.

  7. adx e s m

    Que ou quen naceu baixo o signo zodiacal de Aries.

    Sinónimos: Aries, Aries.
  8. adx

    Que mantén obstinadamente unha postura aínda que sexa evidente que está equivocada.

  9. adx

    Que ten modais rústicos ou que descoida o trato social.

  10. carneiro do lobo [HIST]

    Imposto que pagaban os campesiños con ovellas aos cazadores de lobos.

  11. carneiro negro [ETN/ESOT]

    Animal mítico que guía e dirixe a Santa Compaña no seu percorrido nocturno.

Frases feitas

  • Andar ao carneiro. Estar a ovella en celo.

  • Botalo ao carneiro. Abandonar algo porque é inútil.

  • Deste(s) carneiro(s) non se rapa outra la. Indica que algúen ou algunha cousa deixou de dar beneficios.

  • Non haber tales carneiros. Non ser certo nada do que se dixo.

  • Levar carneiro. Reprobación que lle fai o cura a un feligrés que non ten o suficiente coñecemento da doutrina cristiá.

  • Ser un carneiro/un carneiriño. Seguir os ditados doutra persoa sen dar mostras de vontade propia. Éche mesmo coma un carneiro, di e fai todo o que lle digas.

  • Vai levar o carneiro ao monte. Díselle a unha persoa cando está amolando ou está anoxado.