arneirón
arneirón
-
s
m
[ANIMAL]
Denominación común co que se coñecen os crustáceos cirrípedos de armazón simétrico, troncopiramidal, formado por 6 ou 4 placas calcáreas (segundo o xénero ao que pertenzan), de cor abrancazada ou grisalla. Vive sobre rochas duras da costa na zona litoral, sobre cunchas de moluscos e no casco dos barcos. Pertencen basicamente a tres xéneros: Balanus, Chthamalus e Elimius.
Sinónimos: arneiro, arneste. -
s
m
Capa que se forma na superficie das rochas pola acumulación destes crustáceos.
Sinónimos: arneiro, arneste. -
s
m
[ANIMAL]
carneiro.