"RSA" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 131.

  • Acordo que puxo fin á Primeira Guerra Mundial. Segundo os resultados da Conferencia de Paz de París, foi asinado o 28 de xuño de 1919 por Alemaña e as potencias gañadoras: Reino Unido, Francia, EE UU, Italia e Xapón, coa adhesión doutros países. Alemaña perdeu o seu imperio colonial, cuxa administración pasou a depender da Sociedade de Nacións. Cedeu os territorios de Alsacia e Lorena, recuperados por Francia -que tamén pasou a controlar a explotación das minas do Sarre-, Prusia Occidental e Poznań, mentres que Danzig se converteu nunha cidade libre. En concepto de reparacións de guerra, impúxoselle a Alemaña o pagamento dunha cifra elevada, desmantelouse o seu exército e prohibíuselle contar con forzas aéreas, así como a súa unificación con Austria. O acordo completouse con outros tratados cos restantes vencidos: Austria (Tratado de Saint-Germain-en-Laye), Bulgaria (Tratado de Neuilly), Hungría (Tratado do Trianon) e Turquía (Tratado de Sevres).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é maiúscula.

    2. maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Letra de imprenta maiúscula que ten a mesma altura ca as minúsculas do mesmo corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Versailles ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Versailles.

    1. Aplícase aos soldados do exército regular organizado por Thier, baixo o mando de Mac Mahon, para combater a Comuna de París (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo a Versailles, especialmente referido aos costumes da corte francesa establecida no lugar, que viviu o seu apoxeo durante o s XVIII.

    2. Que é moi cortés e refinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ter como asunto o que se expresa. OBS: Úsase seguido da preposición sobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que é susceptible de ser xirado ou cambiado de posición.

      2. Aplícase á antera que pode oscilar arredor do punto de inserción.

    1. Que cambia facilmente de opinión ou de sentimentos.

    2. Que se acomoda con facilidade a actividades ou situacións diversas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de versátil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adaptación da locución latina vice versa que significa ‘en sentido contrario ou reciprocamente’. Introduce un enunciado inverso ao que acaba de expresarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Vigo a partir de 1995. Promovida pola Asociación de Tradutores Galegos e dirixida por Camiño Noia, saíu anualmente co obxectivo de promover a tradución ao galego das obras da literatura universal, publicar artigos sobre a cuestión e informar sobre a situación da tradución en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de comunicación francés constituído en 2000 a partir de Vivendi, Canal+ e Seagram. Presidido por Jean-René Fourtou, é un dos líderes mundiais na distribución de música, cine, televisión, libros, telecomunicacións e internet. Ten unha forte presenza en España a través da súa participación en Sogecable; en selos musicais como Decca, Deutsche Gramophon ou MCA; e na produción editorial, con Alianza Editorial, Spes (froito da fusión de Larousse España e Vox), Anaya, Cátedra ou Pirámide.

    VER O DETALLE DO TERMO