"Rodríguez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 437.

  • GALICIA

    Presbítero e profesor. Catedrático de Literatura Latina, foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1837-1839) e foi destituído por opoñerse á conservación dos Colexios de Fonseca e San Xerome. Foi censor da Academia Literaria de Santiago (1840). Publicou Pro studiorum (...) et Poeticae Academiae moderatore (1833) e Programas de 130 lecciones teóricas y prácticas de Literatura latina (1851).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e deseñador gráfico. Estudiou na Escola Superior de Belles Arts Sant Jordi de Barcelona, onde perfeccionou o debuxo e contactou cos movementos de vangarda. A partir de 1968 participou nas exposicións ao aire libre, organizadas na praza da Princesa de Vigo. En 1980 instalouse en Vigo para exercer como profesor de debuxo e foi un dos fundadores do grupo Atlántica, co que interveu en numerosas exposicións. Tamén participou nas bienais da Deputación de Pontevedra mentres alternou con exposicións individuais en diferentes cidades españolas. Representou o informalismo expresionista galego e evolucionou cara a composicións máis racionais e frías. Na súa obra distínguese unha primeira época na década de 1960 que se caracterizou por unha abstracción expresionista. A finais da década seguinte abandonou o expresionismo e realizou unha concentración da expresión cunha esencialización das formas, onde chegou á máxima simplicidade, influído polo deseño gráfico. Fuxiu do accesorio en composicións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político. Foi voceiro (1983-1991) e presidente (1987-1991) do PP no concello de Vigo (1983-1991). Foi vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, senador na IV lexislatura (1989-1993) e deputado nacional desde 1993. Escribiu o artigo “La Financiación de la empresa pesquera” (1981) e a colaboración “Ramón Díaz del Río” no libro Viguíssimos (1998), de Xurxo Lobato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta. Crítico da Xeración do 27 e próximo a Ortega y Gasset, foi un dos principais introdutores en España da obra de J. Joyce, O Flaherty e Virginia Woolf. Colaborador de El Sol, Escorial, Finisterre e Revista de Occidente, escribiu Riesgo y ventura del duque de Osuna (1930), Las cadenas del duque de Alba (1947) e Julián Romero (1952). Foi membro da Real Academia Española (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Remeiro. Nomeado dúas veces mellor deportista provincial e finalista no premio ao mellor deportista galego, foi sete veces campión de España en diferentes modalidades. Logrou o sexto lugar no campionato do mundo (1983) e foi unha vez campión de Europa (1988). Participou nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista e adestrador. Coñecido como Cheché Martín, xogou no R.C. Deportivo de La Coruña, FC Barcelona, C. Atlético de Madrid e Valencia C.F. Obtivo dúas ligas, tres Copas de España e foi dúas veces internacional. Como adestrador dirixiu o R.C. Deportivo de La Coruña (tempadas 1968-1969, 1975-1977), Real Zaragoza, Real Valladolid e Real Murcia C.F.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e profesora. Doutora en Filosofía e militante feminista, é membro do consello de redacción da revista Ingenium. Cadernos de Historia das Ciencias e das Técnicas, do Seminario de Estudos Galegos, cofundadora da cátedra Caixanova de Estudios Feministas da Universidade de Vigo e membro da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía. Escribiu A cultura filosófica en Santiago de Compostela no século XIX (1982), Debates ideolóxicos na Compostela do s XIX (1995), O Kraussismo en Galicia e Portugal (1995), A cuestión de xénero e a marxinación (1997) e Luce Irigaray (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués, fillo de Roi Gomez de Briteiros e pai de Johan Mendiz de Briteiros. Pertencente á liñaxe dos Sousa e activo na segunda metade do s XIII, estivo na corte de Afonso III na década de 1250, na corte de Sancho IV entre 1291 e 1294 e, finalmente, na corte de don Denís como mordomo real. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana recollen da súa autoría a cantiga de amor titulada “Venheron-me meus amigos dizer”, o escarnio persoal “Pero Coelho é deitado” e o escarnio de amigo con ton satírico “Un sangrador de Leirea”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego. Pertencente á liñaxe dos Tenoiro e activo na segunda metade do s XIII, participou na expansión dos reinos cristiáns acompañando o Rei Afonso X, foi almoxarife de Sevilla (1277) e serviu a Sancho IV. Nas cantigas de amor desenvolveu o tópico da coita pola ausencia e presenza da senhor e as de amigo están dominadas polas normas do amor cortés. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana atribúenlle seis cantigas de amor, catro cantigas de amigo (unha dialogada, “Amigo, pois mi dizedes”) e dous escarnios persoais con Juião Bolseiro, como “Juião, quero tigo facer”).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e sindicalista. Militante do PSOE e UGT desde 1970, foi deputado polo PSOE no Congreso (1980-1986) e membro do Parlamento de Andalucía (1986-1987). A partir de 1986 foi elixido secretario xeral de UGT Andalucía. En 1994 substituíu a Nicolás Redondo Urbieta como secretario xeral da organización e foi elixido presidente da Confederación Europea de Sindicatos (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escenógrafo e artista plástico. Fixo escenografías e máscaras para diversos colectivos teatrais. Traballou co Grupo de Teatro Monicreques, con Titirití e co Centro Dramático Galego, e fixo as máscaras para as obras Agasallo de sombras e Os vellos non deben namorarse. En 1985 tamén realizou as máscaras para a obra Ubue no outeiro do grupo Teatro das Catro Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e enxeñeiro. Alcalde da Cañiza desde 1976, foi membro (1976-1987), vicepresidente (1987-1990) e presidente (1990-1995) da Deputación Provincial de Pontevedra e secretario do consello de administración da Caja de Ahorros Provincial de Pontevedra. En 1993 foi elixido senador por Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e tradutor. Doutorouse (1950) en Filoloxía Clásica pola Universidad Central de Madrid. En 1952 obtivo a cátedra de Lingua e Literatura española no Instituto Nacional de Ensino Medio de Betanzos (1952). Fundou e dirixiu o boletín informativo Albor e traduciu numerosas obras ao español de autores como S. Kierkegaard, A. Schopenhauer, F. W. Nietzsche, Descartes, Platón e Plotino. Entre as traducións destaca Historia del Pensamiento (1958-1968), de Jacques Chevalier, pola que recibiu o Premio Nacional de Tradución Fray Luis de León (1968). É autor de En torno al romanticismo alemán (1949), La tragedia y los trágicos griegos (1973), La comedia y los cómicos griegos (1979) e Colaboración al estudo del habla brigantina e Historia y vicisitud del periodismo brigantino (1980).   Recibiu, ademais, o Premio Nacional da Delegación Provincial de Información y Turismo da Coruña (1956) e o de Colegiado Distinguido y de Honor del Colegio de Doctores y Licenciados en Filosofía y Letras y en Ciencias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Ex-militante do Partido Comunista de España (reconstituído)-Grapo, fundou e dirixiu as revistas Tanteos e Ayeres (Cuadernos de Historia). Pertenceu á xunta directiva do Ateneo de Madrid e destacan os seus ensaios de tema político, como Reflexiones sobre el terrorismo e Viaje por la <Ruta de la plata>, e as obras La oposición durante el franquismo, De un tiempo y un país (1982), crónica dos antifranquistas da xeración de 1970, e Los mitos de la Guerra Civil (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Editor. Licenciado en Ciencias da Información, foi o fundador e presidente de M. Moleiro Editor SA, empresa especializada na reprodución de obras de arte bibliográficas en soporte de pergameo, vitela, papel e papiro de entre os ss VIII e XVI. Elaborados a partir das obras de arte orixinais conservadas en bibliotecas, museos e arquivos de todo o mundo, reproduciron obras da bibliografía universal procedentes da British Library, do Metropolitan Museum of Art de Nova York ou da Biblioteca Casanatense de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, escritor e crítico da arte. Foi editor das revistas La Gazeta del Arte e Bellas Artes e traballou nos xornais El Ideal Gallego, El País e La Voz de Galicia. Publicou La pintura actual en Galicia (1962), Carlos Maside (1972), O compromiso humán de Castelao a traveso do seu arte (1976), Nove poemas dibuxados (1978), Pintura contemporánea en Galicia (1987) ou De arte polémico (1990). Membro da Real Academia Galega e da Asociación Internacional de Críticos de Arte, recibiu a Gran Cruz de Alfonso X el Sabio (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Erudito. Introdutor do esperanto en Galicia, foi secretario do Grupo esperantista coruñés e vogal do Comité da Hispana Societo por la Propagando de Esperanto. Publicou varios artigos e traballos na Revista Gallega (1905-1906), dos que destacan “El presente y el porvenir del esperanto” (primeiro premio no Certame Pedagóxico de Santiago, 1906) e “El esperanto y los ciegos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, político e relixioso. Participou na Comisión dos 9, encargada de elaborar un novo estatuto de autonomía. Foi conselleiro de Traballo (1977-1978), senador pola Agrupación de Electores Independentes (1977-1978) e polo PSOE (1979-1989), e vicevaledor do pobo (1991). Participou na refundación do PSOE e da UXT en Ourense (1979). Publicou Cristianos en la Revolución Cubana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político. Interventor do Banco de España (1960) e director xeral de Pescanova SA (1962-1975), foi nomeado director xeral de Pesca Marítima no Ministerio de Comercio (1975-1978) e subsecretario de Pesca e Mariña Mercante no Ministerio de Transportes e Comunicacións (1978). Integrouse no Banco de España como director xeral en Barcelona (1980) e chegou a ser subdirector xeral (1989). Foi deputado no Congreso de los Diputados por UCD (1977-1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborador dos periódicos El Deber, La Paz ou El Lérez, fundou en Pontevedra o semanario El Independiente (1881-1882) e foi un dos impulsores da prensa diaria en Galicia. Caracterizado polo seu costumismo e imaxinación, da súa composición poética destacan Cantos inarmónicos (1874) e diversos poemas en galego, como “Unha de paus”, “O bautizo”,O enterro” e “Cousas de mozos”. Cultivou tamén o teatro co drama La hija del timonel (1878) e a zarzuela con Percances de un viejo verde. O himno A Galicia foi premiado en Pontevedra (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO