"Sánchez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 140.
-
GALICIA
Xogador e adestrador de baloncesto. Coñecido como Manel Sánchez, xogou dez temporadas en primeira división e Liga ACB, no Manresa, CAI Zaragoza e Breogán de Lugo. Foi dúas veces internacional coa selección española absoluta. Foi adestrador do Yaya María Breogán de Lugo (2001-2005), da Liga Feminina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenista. Profesional desde 1985, foi número un do tenis feminino mundial entre febreiro e xuño de 1995, e mantívose entre as 10 primeiras entre 1989 e 2001. Foi campioa de Roland Garros en 1989, 1994 e 1998, e do US Open en 1994. Membro do equipo español da Copa Federación (1986-1998, 2000-2002), gañou o torneo en 1991, 1992, 1994, 1995 e 1998. Participou nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, en Barcelona 1992 -medalla de bronce individual e a medalla de prata en dobres con C. Martínez-, en Atlanta 1996 - medalla de prata individual e a de bronce en dobres con C. Martínez-, e en Sydney 2000. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de los Deportes (1998) e a Gran Cruz de la Orden del Mérito Deportivo (2001). Retirouse en 2002.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenista. Foi o primeiro español clasificado entre os dez primeiros da ATP (7º en 1990) e acadou o número 1 en dobres en 1989. Gañou 15 títulos individuais e, formando parella con Sergio Casal, 44 títulos de dobres. Foi campión de Roland Garros en dobres (1988 e 1990) e dobres mixtos (1987), e do US Open en dobres (1988) e dobres mixtos (1987). Retirouse en 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Traballou na recuperación do asturiano. En 1985 fundou o Partíu Asturianista (PAS), polo que foi deputado no Parlamento asturiano. Das súas obras destacan Camín de Señardaes, Antoloxía poética (1980), Poemas de Xixón (1981), Cuentos de llingua afilada (1984), La muerte amiya de nueche (1984), El Pelayu (1985), Lluna Llena (1990),...Y de llastientes picos (1999), Los dioses derrotaus (2000), As de corazon y es (2001), Refraneru asturianu (2002) e Litora cantabrica (2004). É membro numerario da Academia de la Llingua Asturiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Formouse no Conservatorio Óscar Esplá de Alacant con Lily Berchmann e perfeccionou a súa voz en Madrid con José Mª Pérez Busquier, Ana Mª Olaria e I. Penagos. Cun rexistro adecuado para os papeis dramáticos verdianos, especializouse ademais en obras de Mozart, Wagner e Strauss. Debutou no Teatro Principal de Palma de Mallorca (1994) con Nabuco.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz e cantante. Coñecida como Catuxa, actuou na compañía teatral de Ángela Barba en Lisboa, e por iniciativa de José Mendiola dedicouse ao mundo da canción. Posteriormente, actuou tamén en Setúbal, Porto e A Coruña, onde se disolveu a compañía. En 1689 regresou a Portugal coa compañía de Fernández Román e a partir de 1700 actuou en València, Granada, Madrid, Alcalá de Henares e Toledo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo. Influído por Ibsen e polos novelistas rusos, das súas obras destacan La Gringa (1904) e Barranca abajo (1905), de tema rural; e En familia (1905) e Los muertos (1905), de tema urbano.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e filósofo. Coñecido como o Escéptico, pertenceu a unha familia de ascendencia xudía. Formouse en Bordeos, Roma e Montepellier, onde acadou o grao de doutor en medicina (1574). Foi catedrático de Filosofía na facultade de Artes de Toulousse. Precursor da dúbida metódica cartesiana, en clara oposición ao escolasticismo, consideraba que en realidade todo está tan enlazado e é tan complexo que se fai imposible acadar ningu-nha certeza. Desta dúbida non fai unha tese senón un estímulo para continuar indefinidamente a investigación. Das súas obras destacan Carmen de Cometa anii MDLXXVII (1578), Quod nihil scitur (1581) e a obra póstuma Opera Medica (hisiuncti sunt Tratactus quidam Philosophiqui non insubtiles) (1636).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e contista colombiano. É autor de Cada vida en su ojo (1967), Las causas supremas (1969, Premio Nacional de Novela de Colombia), Las maniobras (1969), La orilla ausente (1972), recompilación de contos; Los desheredados (1973), Sin nada entre las manos (1976), Se acabó la casa (1978), Tejemaneje (1979) e Entre ruinas (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e historiador. Licenciado en Dereito e en Xeografía e Historia, foi subdirector e secretario xeral e xefe da Obra Social Socio-Cultural da Caixa de Aforros de Santiago de Compostela, subdirector da Fundación Caixa Galicia, presidente do Centro de Iniciativas e Turismo de Arousa e do Club de Mar de Vilagarcía e membro fundador de Radio Vilagarcía. Presidente da Fundación Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulloa, escribiu La traslación del Apóstol Santiago: historia, tradiciones y leyendas: la ruta jacobea del Mar de Arosa y Río Ulla (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Medievalista. Foi catedrático de Historia de España nas universidades de Barcelona (1918), València, Valladolid e Madrid (1925). Membro de Acción Republicana, foi deputado durante a Segunda República e ministro de Estado (1933). Exiliado en Bos Aires (1940), presidiu o goberno da República no exilio (1962-1970). Fundou e dirixiu o Instituto de Historia de España, onde creou os Cuadernos de Historia de España (1944) e en 1957 publicou España. Un enigma histórico, onde combateu as teses de Américo Castro. Regresou definitivamente a España en 1983. Da súa abundante produción destacan Investigaciones sobre historiografía hispana medieval (1967), Miscelánea de estudios históricos (1970), Investigaciones y documentos sobre las instituciones hispanas (1970), Estudios visigodos (1971) e Viejos y nuevos estudios sobre las instituciones medievales españolas (1976). Foi académico da Real Academia de la Historia e correspodente da Real...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Participou en coñecidas series de televisión, como La Regenta (1995). Despois do seu debut no filme Redondela (1986), de P. Costa, interpretou diversos papeis en Remando al viento (1987), El pájaro de la felicidad (1993), Un paseo por las nubes (1995), Yerma (1998), Volavérunt (1999), pola que recibiu a Concha de Plata no Festival de Cine de Donostia; e Un homme, un vrai (2003). Foi presidenta da Academia Española de las Artes y las Ciencias Cinematográficas (1998-2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Clemente VIII.
-
GALICIA
Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e, pensionado pola Deputación da Coruña, na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Especial de Paisaxe do I Concurso Provincial de Pintura da Deputación da Coruña en 1962, con Vista de Betanzos, e a terceira medalla en 1963 con Ciudad de las grúas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador probablemente galego. Desenvolveu a súa actividade poética entre finais do s XIII e principios do XIV. Consérvanse seis cantigas da súa autoría, cinco de amigo e unha de amor. As súas obras aparecen no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Vaticana, situadas ao final dunha serie de trobadores-clérigos, no medio da sección das cantigas de amigo. Nas súas composicións obsérvase certo convencionalismo temático e formal. A súa cantiga de amor “Muyt’ atendi eu ben da mha senhor” é unha cantiga de refrán que respecta os códigos da cantiga de amor. As cinco cantigas de amigo caracterízanse pola presenza de refrán, e delas destacan “Amiga, do meu amigo” en que salienta o motivo da chanson de change e a cantiga de romaría “En outro dia, en San Salvador”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Frautista. Coñecido como Miguel de Santiago, formouse no Conservatorio Profesional da Coruña e no Conservatorio Superior de Música de Madrid con importantes mestres internacionais como Freitas Branco, Alain Marion ou Igor Markewicht. Diplomado en Música de Cámara, Música Antiga e Dirección de Orquestra, actuou en diversas cidades españolas e do estranxeiro baixo a dirección de mestres como Roxelio Groba. Foi solista na Banda e Orquestra Municipal da Coruña e ocupou a cátedra de Frauta do Conservatorio Profesional de Música da Coruña. Posteriormente, foi mestre de frauta do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Publicou diversas obras e métodos para frauta e gaita. Recibiu a Medalla de Ouro da Sovrano Militari Ordini di Malta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Motociclista. Conseguiu sete veces o campionato do mundo na modalidade de trial entre os anos 1987-1991 e 1993-1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa. Da súa obra, de construción moi sinxela e ligada á literatura popular, destacan Ceibos. Versos galegos (1980), Xanela aberta (1981), Tempos idos (1983), Védelos aí van (1985), A rosa dos ventos (1989) e Compostela i as camelias (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Conselleiro de traballo desde 2005, foi deputado autonómico na VI e VII lexislaturas, secretario executivo provincial do PSdeG-PSOE de Lugo (1998-2004) e secretario nacional da Executiva de UGT en Galicia. Membro do Comité Federal do PSOE, desde 2004 foi secretario de organización do PSdeG-PSOE. Foi membro, entre outros, do Consello Económico e Social de Galicia e do Consello Galego de Relacións Laborais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Hellín, Albacete 19.1.1870 - Santiago de Compostela 13.12.1952) Pintor. Creador da escola compostelá de pintura, formouse na Escuela de Artes e Oficios de Murcia e nas escolas superiores de belas artes de València e Madrid. Ingresou no exército e en 1899 trasladárono a Santiago de Compostela, onde comezou a destacar como pintor de escenas militares. Foi profesor na Real Sociedad de Amigos del País (1919-1938), na Escola de Artes e Oficios (1927-1936) e no Instituto Diego Xelmírez. No seu estudo formáronse dúas xeracións de pintores. Foi un dos organizadores da Sociedade Galega de Amigos da Arte. Cultivou unha pintura naturalista e realista que reproducía fielmente a natureza cunha base ecléctica e academicista. Pintou retratos, nos que tratou de reproducir a fisionomía e a psicoloxía do retratado. Destacan Don Salvador Parga Torreiro (1901), Don José Varela de Limia y Menéndez, Cardenal Lago González, García Barbón (1908), Don Antonio López Ferreiro (1929) e os seus diversos autorretratos....