"SME" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 136.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación de san Cosme.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción megalítica situada no alto de San Colmado en Cela (Mos), que tamén se denomina anta do Meixoeiro, anta das Minas ou dolmen de Cela. Trátase dunha anta de corredor da que se conservan cinco esteos, só falta o que a pecharía, e unha tampa de grandes dimensións.
-
PRAIAS
Praia do litoral cantábrico, situada entre as de Benquerencia e O Altar, na parroquia de San Cosme de Barreiros (Barreiros).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sombreiro de palla do traxe tradicional feminino de faena que se emprega para protexerse do sol e da chuvia durante o traballo. Documentado xa no s XVI, toma o nome do seu lugar de orixe, a parroquia de San Cosme de Outeiro (Outes), na comarca de Noia, aínda que o seu uso se estende polas comarcas limítrofes (Muros, A Barcala, Santiago de Compostela). Está feito de palla de centeo trenzada de á ancha, copa baixa e pequena e unha tira de tea negra que rodea a parte cilíndrica. Na parte traseira caen sobre a á dúas tiras da mesma tea que rematan en dúas puntas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema Monetario Europeo.
-
PERSOEIRO
Nome grego con que se coñece Bardiya, fillo de Ciro II de Persia. Gobernador das provincias de Media e Armenia, foi asasinado por orde do seu irmán Cambises (523? a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pianista checo. Dirixiu a orquestra do Teatro Nacional de Bohemia (1866-1874). Compuxo a ópera Prodaná nevěsta (A noiva vendida, 1867), Má vlast (A miña patria, 1874-1879), ciclo de seis poemas sinfónicos, e o cuarteto Z mého života (Da miña vida, 1876).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político lituano. Despois da Primeira Guerra Mundial foi presidente do Consello Nacional (1917) que proclamou a independencia de Lituania. Nomeado presidente da República Lituana (1919-1920), deu un golpe de estado (1926) e implantou un goberno autocrático. Ao producirse a anexión de Lituania a Rusia (1940) fuxiu a Alemaña e despois a EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abadía beneditina situada no País do Loire, Francia, na ribeira esquerda do Sarthe, no departamento homónimo. Fundado no s XI, foi incendiado polos ingleses (1425?) e reconstruído nos ss XV-XVI. Pertenceu aos maurinos. Suprimido durante a Revolución Francesa, P.L.P Guéranger restaurou (1833) a vida bieita. Foi centro dunha importante congregación e de restauración do canto gregoriano e onde se iniciou o movemento litúrxico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Em-presa de transportes marítimos fundada en Barcelona en 1916, produto da fusión de seis empresas navieiras. Dedícase ao transporte de viaxeiros entre Barcelona e outros portos do Mediterráneo e as Illes Balears, Canarias, Ceuta e Melilla, e tamén ten liñas interinsulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que atravesa o Mar Mediterráneo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transferencia dun grupo metilo dunha substancia con grupos metilo, como é o caso da transferencia da betaína á homocisteína para dar metionina ou outra substancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘gañar’.