"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
PERSOEIRO
Pedagogo. Estudiou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid (1871-1874) e na Escola Superior de Diplomática (1876-1877 e 1880-1881). Foi director do Museo Pedagógico Nacional (1883-1929), o primeiro catedrático de Pedagoxía en España (1904), conselleiro de Instrución Pública (1921) e presidente do padroado de Misiones Pedagógicas (1931). Foi o principal discípulo de Francisco Giner de los Ríos, fundador da ILE (Institución Libre de Enseñanza), e o principal defensor dos plans que Giner trazara para a reforma da educación e da sociedade española, participando, por exemplo, na Fundación Sierra-Pambley ou na Escuela-Asilo Sotés. Tivo unha forte vinculación coa sociedade e cultura galega a través da súa esposa Carmen López-Cortón Viqueira. A partir de 1890, e acompañado frecuentemente por Francisco Giner e outros profesores institucionistas, pasou os veráns na casa grande de San Vitorio en Vixoi (Bergondo), e influíu nas primeiras experiencias de colonias de vacacións escolares en Galicia,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo cultural norteamericano. Profesor na Universidade de Berkeley, California, especializouse no folclore africano. Entre as súas obras cómpre mencionar African Arts (Artes africanas, 1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Vasilīj Grigorjevič Voskresenskij.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canle que separa Tasmania de Australia, limitado ao L polas illas King e Hunter, e ao O polo arquipélago das illas Furneaux. Foi descuberto en 1798 por George Bass.
-
PERSOEIRO
Navegante e explorador inglés. Percorreu as costas de Australia e de Tasmania, e descubriu o estreito que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e miniaturista. Foi o introdutor das novas formas italo-góticas en Catalunya. No 1324 foille encargada a decoración mural de dúas capelas da igrexa antiga de Sitges. Desde o ano 1333 recibiu sucesivamente encargos de Afonso III e de Pedro III. A única pintura sobre táboa conservada é un fragmento de retablo con escenas da vida de san Bernardo (Museo de Vic). A súa obra máis significativa é a decoración mural da Capela de San Miguel, no claustro do Mosteiro de Pedralbes de Barcelona (1345-1346).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Bassai Cidade do nomós de Arcadia, no Peloponeso, Grecia, situada preto de Figalia. Nela consérvase un templo dedicado a Apolo Epicúreo, construído entre o 420 e o 417 a C por Ictinos, un dos arquitectos que proxectaran o Partenón da Acrópole de Atenas; aínda sendo esencialmente dórico, contén elementos xónicos (como acontecía co estilo ático ateniense) e a mostra máis antiga que se coñece da orde corintia, amosada nunha única columna situada ao fondo da parte central da cella, cunha clara intencionalidade simbólica. O friso e as métopas consérvanse no British Museum.
-
PERSOEIRO
Narrador e poeta posneorrealista italiano de orixe xudea. Colaborou en Letteratura, Botteghe Oscure e Paragone, e publicou ensaios literarios e poesía. A súa obra narrativa, chea de amargura, describe as vicisitudes duns personaxes provincianos nun mundo brutalmente trastornado. Il giardino dei Finzi-Contine (O xardín dos Finzi-Contine, 1962) é a máis coñecida. Escribiu tamén Dietro la porta (Detrás da porta, 1964), L’airone (A garza, 1968), etc. No volume Il romanzo di Ferrara (A obra de Ferrara, 1980) reuniu e refixo toda a súa obra narrativa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, violinista e organista italiano. Foi príncipe da Accademia dei Filarmonici, de Boloña (1863), e mestre de capela en Módena, Ferrara e Bérgamo. Impulsou a técnica violinística e o desenvolvemento da sonata. A súa obra instrumental sitúase entre os anos 1677 e 1700, e compuxo arredor de cen cantatas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sobrenome toponímico de varios pintores italianos dos ss XVI e XVII co que foron coñecidos os membros da familia Da Ponte (ss XVI-XVII), familia de pintores venecianos orixinarios de Bassano. Francesco Bassano o Vello (Bassano, Venecia 1475? - 1530?) foi o iniciador da tradición pitórica. Iacopo Bassano (Bassano 1517 - 1591) foi o representante máis célebre da familia. Francesco Bassano o Novo (Bassano 1549 - Venecia 1592), fillo e discípulo do anterior, colaborou con este na decoración do Palacio Ducal de Venecia, onde se estableceu en 1579. Leandro Bassano (Bassano 1557 - Venecia 1622), tamén fillo e discípulo do Jacopo, foi apreciado sobre todo polos seus retratos. A obra desta familia está representada no Museo Cívico de Bassano. Giovan Battista (Bassano 1553 - 1613) e Gerolamo (Bassano 1566 - Venecia 1621) continuaron a traxectoria iniciada polo seu pai e os...
-
PERSOEIRO
Pintor, o membro máis destacado da familia Bassano. Autor de pintura relixiosa e de retratos, atravesou unha etapa manierista na que estableceu relacións co Greco. Estivo influído pola pintura flamenga, pero tamén por Tiziano, Tintoretto e o Veronés. De temática relixiosa, a súa pintura incide na acción e nos aspectos cotiáns, constituíndo un fito na evolución do realismo pitórico. Centra a súa atención máis que no tema da obra, nos compoñentes da acción. Tecnicamente supera o falso dilema entre o luminismo de Tintoretto e o cromatismo do Veronés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta persa en lingua árabe. Do seu diwan consérvanse uns seis mil versos. Inventou novas combinacións estróficas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos bassaris ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo bassari.
-
Pobo que habita no NL de Togo, fundamentalmente, e tamén no NO de Guinea e no S do Senegal. Os bassaris, aproximadamente uns 50.000 individuos, practican a agricultura de sabana de xeito tradicional. Falan unha lingua do grupo atlántico.
-
Lingua africana que pertence á familia níxer-congo central setentrional e ao grupo moré-gurma. Sitúase á beira doutros idiomas como o dagbaní, o gurma e o moré. Hai falantes en Ghana e en Togo.
-
-
PERSOEIRO
Presidente da axencia de publicidade Bassat, Ogilvy & Mather en España. Licenciado en Ciencias Económicas, creou a súa primeira axencia de publicidade aos 25 anos. Entrou en contacto co prestixioso publicitario David Ogilvy en 1975, e dende entón é o seu socio en España na compañía que preside. Entre os seus clientes máis destacados están a empresa Danone, a Generalitat de Catalunya, a empresa de automóbiles Ford e Frigo. Algunhas das súas campañas máis famosas son a promoción das Olimpíadas de Barcelona e a Exposición Universal de Sevilla. No seu currículo conta con máis de 100 premios de publicidade de todo o mundo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do territorio francés de Guadalupe e as súas dependencias, no arquipélago das Pequenas Antillas (14.003 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte occidental da illa de Guadalupe, nas Antillas francesas, separada da Grande-Terre pola Rivière-Salée (839 km2; 149.943 h [1990]). É de orixe volcánica e moi montañosa. O pico máis alto é o volcán La Soufrière, que acada os 1.484 m de altitude.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Irrawaddy, Myanmar, á beira do río Bassein (144.096 h [1983].
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
abetalipoproteinemia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baset.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Raza canina de caza de corpo longo e patas curtas.