Bassano, Iacopo

Bassano, Iacopo

Pintor, o membro máis destacado da familia Bassano. Autor de pintura relixiosa e de retratos, atravesou unha etapa manierista na que estableceu relacións co Greco. Estivo influído pola pintura flamenga, pero tamén por Tiziano, Tintoretto e o Veronés. De temática relixiosa, a súa pintura incide na acción e nos aspectos cotiáns, constituíndo un fito na evolución do realismo pitórico. Centra a súa atención máis que no tema da obra, nos compoñentes da acción. Tecnicamente supera o falso dilema entre o luminismo de Tintoretto e o cromatismo do Veronés.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bassano

  • Deceso