"Sind" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 167.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de proliferación dos linfocitos do tipo T, considerado a variante leucémica do linfoma micose fungoide.
-
REXIÓNS
Rexión de Asia meridional que constitúe unha provincia de Paquistán (140.913 km2; 29.991.161 h [1998]). A súa capital é Karāchi. Ocupa a conca baixa do Indo e está formada por unha chaira agás na estreita franxa de relevos baixos de Kohistān Sulaimān. O clima é subdesértico con chuvias escasas. As cidades principais son Hyderābād e Karāchi. Foi centro da civilización do Indo e formou parte dos imperios dos kushān (s I) e dos guptas (ss IV-V). Suxeita aos califas de Damasco e de Bagdad (712), pasou a mans da dinastía ghazáavida (s XI). Independente (1190?) ata a conquista de Akbar (1560?), formou parte do imperio mongol ata 1707. En 1842 integrouse no Imperio Británico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de sindáctilo.
-
Malformación conxénita que está determinada por un xene dominante que consiste en ter algúns dos dedos unidos.
-
-
-
Que ten dous ou máis dedos soldados.
-
Aplícase ás aves e mamíferos cos dedos total ou parcialmente unidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe literario, mariño de profesión, que protagoniza unha das fábulas de influencia persa de As mil e unha noites.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade natural para xulgar rectamente.
-
-
artrodese.
-
sinapse.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘ligamento’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Descrición dos ligamentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da anatomía que estuda os ligamentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fixación cirúrxica dun ligamento. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sutura ou reparación dos ligamentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unión das pezas óseas que se produce por un ligamento ou unha membrana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sección dos ligamentos articulares.
-
-
Acción de sindicar ou de sindicarse.
-
Agrupación de bancos co obxectivo de repartir os riscos dunha operación de emisión de valores ou outra análoga.
-
Limitación que se aplica ao principio de libre transmisión de accións, incluída dun xeito expreso nos estatutos dunha sociedade, ou como obriga que os accionistas asumen voluntariamente.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao síndico.
-
-
Relativo ou pertencente ao sindicato.
-
central sindical
Organización obreira formada pola agrupación de diversos sindicatos, correspondentes tanto a organizacións de tipo territorial como ás diversas ramas industriais. Coordínanse de acordo cuns mesmos principios ideolóxicos e unha estrutura organizativa común.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento dos traballadores organizados en sindicatos en defensa dunha mellora das súas condicións de vida e de traballo. Os primeiros pasos do movemento sindical organizado déronse en Reino Unido, onde se creou, por influencia de Robert Owen, a Great Consolidated Trade Union (1833), aínda que os seus precedentes atópanse na segunda metade do s XVIII. En Alemaña, a unión dos lassallianos e os marxistas (Congreso de Gotha, 1875) permitiron o inicio dun sindicalismo de orientación socialista que adquiriu unha grande implantación. En Francia desenvolvéronse as asociacións de axuda mutua, sobre todo a partir de 1830, e as cámaras sindicais de oficios (1860), ata chegar á formulación do sindicalismo revolucionario que cristalizou na creación da Confédération Générale du Travail (CGT) en Limoges en 1895. En Italia creouse a Confederazione Generale Italiana del Lavoro (CGIL) en Milán en 1906, de tendencia socialista. En España a súa influencia inicial foi bakuninista coa Federación Rexional Española...
-
-
Relativo ou pertencente ao sindicalismo.
-
Persoa que forma parte dun sindicato.
-
-
-
Reunir a diversas persoas da mesma profesión ou oficio, ou con intereses comúns, nun sindicato.
-
Entrar a formar parte dun sindicato.
-
-
-
Asociación formada para a defensa dos intereses económicos e sociais dos seus membros. Xeralmente designa ao sindicato obreiro, pero tamén pode referirse a outros grupos como o sindicato campesiño, o sindicato patronal ou o de estudantes. A historia dos sindicatos está intimamente ligada á historia da clase obreira. Nunha primeira etapa os sindicatos obreiros agrupaban os traballadores dun mesmo oficio (sindicato de oficio), pero a medida que se desenvolveu o sindicalismo foron agrupando os obreiros dunha mesma rama industrial (sindicato de industria ou único). A estrutura do sindicato varía segundo que a tendencia predominante dos seus membros sexa anarquista (anarcosindicalismo), marxista ou simplemente reformista. Os diferentes sindicatos establecidos nunha localidade adoitan coordinarse a escala local, rexional e estatal, e forman en conxunto as centrais sindicais, que se coordinan tamén a escala internacional. O fascismo creou un novo tipo de marco obreiro,...
-
Organización financiada pola patronal para minar a acción do sindicato dos traballadores.
-
Organización que inclúe o patrón e o obreiro da mesma actividade.
-