"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Anélido da orde dos acantobdélidos.
-
Orde de anélidos da clase dos hirudínidos integrado por animais que presentan cirros nos seis primeiros segmentos do corpo e que teñen unha ventosa posterior. Está representado por un só xénero, Acanthobdella.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten froitos espiñentos.
-
-
Individuo do grupo dos acantocéfalos.
-
Tipo de animais acelomados tripoblásticos, vermiformes, de simetría bilateral, sen tubo dixestivo nin aparato circulatorio nin respiratorio, endoparasito de hospedeiros mariños e continentais. Teñen unha trompa anterior retráctil, característica do grupo, provista de ganchos cos que se fixan nos intestinos dos hospedeiros. As larvas desenvólvense nun hospedeiro intermediario invertebrado, xeralmente artrópodo, mentres que os adultos viven no tracto intestinal dos vertebrados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eritrocito deformado por proxeccións membranosas irregulares, de dimensións e forma variable, que lembra a folla do acanto. A presenza destes eritrocitos no sangue denomínase acantocitose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anomalía morfolóxica dos eritrocitos que presentan na súa superficie prolongacións grandes e rugosas (eritrocitos espiñosos ou acantocitos). Forma parte da enfermidade coñecida como abetalipoproteinemia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orde de peixes fósiles da subclase dos placodermos que viviron no Paleozoico, do período Silúrico ao Pérmico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos tumores ou hiperplasias cutáneas benignas debidas a un desenvolvemento excesivo da capa espiñosa de Malpighi.
-
-
Acción e efecto de acantonar.
-
Situación estratéxica onde se concentran ou acantonan as tropas en operacións de guerra ou de manobras.
-
-
-
Repartir de forma organizada as tropas en distintos lugares.
-
Distribuír a tropa en cuarteis.
-
Distribuír e aloxar as tropas en diferentes puntos habitados do territorio.
-
-
-
Peixe da subclase dos acantopterixios.
-
Subclase de peixes da orde dos osteitios á que pertencen os codrósteos e os teleósteos. Presentan vexiga, carecen de tubos pneumáticos e teñen radios espiñentos nas aletas.
-
-
-
Produción anormal e excesiva de espiñas, que presentan algunhas plantas parasitadas por fungos.
-
Modificación patolóxica das capas espiñosas da pel.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo das colonias de hidrozoos que ten forma de espiña e misión defensiva.
-
-
Acción e efecto de acaparar.
-
Delito consistente en reter mercadorías, en sentido amplo, en cantidade superior ás necesidades e ás previsións normais co obxectivo de encarecelas no mercado.
-
-
-
Fungo da clase dos acarpoascomicetos.
-
Clase de fungos da subdivisión ascomicotina caracterizado por presentar os ascos espidos sen estar asociados a un ascocarpo. Engloba as ordes dos tafrinais e dos endomicetais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
carrexo.
-
-
Dar a consistencia dura e rexa do cartón.
-
Adquirir, unha cousa flexible, un certo grao de rixidez e dureza semellante á do cartón.
-
-
-
Acción e efecto de acatar.
-
Reverencia e sinal de respecto no que se amosa unha total submisión cara a unha persoa, unha autoridade ou algún organismo digno de tal trato.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia científica fundada en Florencia por Leopoldo de Médici (1657) seguindo o exemplo da Accademia dei Lincei e as ensinanzas de Galileo Galilei recollidas polos seus discípulos. Tiña como obxectivo o estudo dos métodos experimentais e da física moderna. Desenvolveu e realizou importantes experimentos sobre a presión do aire, os efectos do vougo, a conxelación de líquidos, as propiedades da calor, a propagación do son e da luz, cuestións de astronomía e ciencias naturais, etc. Mantivo relacións estreitas con outras academias científicas europeas, principalmente coa Académie des Sciences de París e coa Royal Society de Londres. Publicou uns Saggi (Ensaios, 1666), que permitiron establecer a importante contribución que fixo o movemento científico da época. Cesou a súa actividade en 1667.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución florentina promovida por Cósimo de Médicis, quen concibira a idea de facer revivir en Florencia a Academia de Platón, influído polo platonismo de Georgios Gemistós Plēthōn. Neste sentido, foi Cósimo de Médicis quen no ano 1463 lle encargou a M. Ficino a tradución da obra de Platón e lle cedeu a vila de Montevecchio (Careggi), que a partir dese momento pasou a chamarse Academia. A Academia opúñase ao aristotelismo averroísta, tentando conciliar platonismo e cristianismo. Disolveuse no ano 1521.
-
PERSOEIRO
Violinista e director de orquestra italiano. Iniciou a súa carreira internacional en 1958 despois de gañar os concursos de Xenebra e Xénova. O seu repertorio vai dende Bach e Vivaldi ata a música contemporánea, con especial atención á música de cámara italiana. Gravou todos os concertos e os Capricis de Paganini. Dende 1987 compaxina a súa carreira de solista coa dirección orquestral.
VER O DETALLE DO TERMO