"Uria" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 180.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Na súa obra, marcada pola análise psicolóxica, implica directamente a relixión e os conflitos morais esenciais no ser humano, como se reflicte no debate entre a vida espiritual e os desexos máis carnais. Publicou as novelas Le baiser du lépreux (1922), Thérèse Desqueyroux (1927) e Le mystère Frontenac (1933), así como a biografía política De Gaulle. En 1933 foi elixido membro da Académie Française. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1952) e a Grand-croix de l’ordre de la Légion d’honneur (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Emisión de ouriños de cor moi escura a causa da presenza de melanina.
-
-
Relativo ou pertencente ao deus Mercurio ou ao planeta Mercurio.
-
-
Relativo ou pertencente ao mercurio.
-
ungüento mercurial
Fórmula farmacéutica preparada con manteiga, lanolina e mercurio metálico que se empregaba antigamente como antiparasitario.
-
-
Planta herbácea anual, glabra ou pouco pelosa, de ata 50 cm de altura, que presenta talos ramosos, follas pecioladas, ovais e lanceoladas, flores de cor verdosa ou amarela, as femininas sésiles, e froito en cápsula. Florece entre abril e novembro en campos cultivados ou incultos e marxes de camiños. É moi frecuente en Europa e Asia. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades como diurético e purgante. En Galicia tamén está presente a especie Mercurialis perennis, de flores femininas pedunculadas, pubescente e perenne.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, normalmente dioicas, sen látex, da familia das euforbiáceas, que presenta follas simples e opostas, flores masculinas en espigas e femininas solitarias ou en pequenos glomérulos e de froitos en cápsula bilobular. En Galicia están presentes as especies M. annua e M. perennis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación con preparados mercuriais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización que ten como obxectivo primordial a promoción do uso do galego e a procura do recoñecemento oficial polas autoridades asturianas para os 18 concellos más occidentais do Principado de Asturias onde se fala o galego. Celebrou, en Grandas de Salime, o seu congreso fundacional o 30 de outubro de 1988, despois da autodisolución do Grupo de Eilao Pro-Defensa da Nosa Lingua. Criticou desde o seu nacemento o uso das equívocas denominacións oficiais astur-galaico e gallego-asturiano, así como o emprego do impreciso termo fala e do pexorativo falía, todas elas para se referir á lingua galega dos concellos máis occidentais de Asturias. En setembro de 1990 a MDGA publicou as Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias e organizou, en decembro de 1990, as I Xornadas da Lingua e da Cultura Galega de Asturias: Na busca das raíces da Terra Navia-Eo. En marzo de 1992 comezou a publicación da revista A Freita, órgano difusor da MDGA, onde, con carácter divulgativo, se trataban...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presenza de mioglobina na urina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
mioglobinuria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘obra’.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Seixosmil (Meira). O seu cumio acada os 650 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou telleiros que corresponde á voz ‘escribente do xulgado’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ácido clorhídrico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cloruro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie ou estrato (ou tamén época ou idade) do Carbonífero (Paleozoico) de Europa occidental, que está comprendida entre o Viseano, na base, e o Westfaliano, no teito. O estrato tipo está en Namur (Bélxica).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Namuriano.
-
PERSOEIRO
Militar e poeta, segundo conde de Noroña (1792). Durante a guerra contra a Revolución Francesa ascendeu a comandante (1792) e coronel (1793). Foi segundo comandante do exército e Reino de Galicia e, como tenente xeneral, mandou unha división durante a Guerra da Independencia (1808-1814) e defendeu Pontesampaio fronte ao xeneral M. Ney. Apoiou a postura do marqués de La Romana á fronte da Xunta Suprema de Galicia. Escribiu Poesías (1799) e Poesías asiáticas (1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Excreción urinaria de predominio nocturno. É un dos signos da insuficiencia cardíaca conxestiva e da insuficiencia renal crónica, e relaciónase cunha mellor circulación renal e xeral durante o repouso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de regras que pretenden ser unha norma do galego de Asturias. Na súa redacción partiuse de dous principios básicos: a) as falas do estremo occidental de Asturias son variedades do galego oriental e b) o referente é o galego común, pero respectando a personalidade lingüística das variedades galegas da Terra Eo-Navia. Foron publicadas en setembro de 1990 pola Mesa prá Defensa del Galego de Asturias e da Cultura da Comarca (MDGA) e redactadas por unha comisión constituída por Xosé Carlos Álvarez Blanco, Xoán Babarro González, Francisco Fernández Rei, Celso Martínez Fernández, Antonio Meilán García e Antón Fernández Santamarina. Son as normas que se empregan na revista Freita e nas diversas publicacións da MDGA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de orixe toponímica que parece proceder do éuscaro N-uri-a, que significaría ‘chaira rodeada de outeiros’, derivado de uri ‘parte habitada, lugar poboado’. A súa festividade celébrase o 8 de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diurese mensurable inferior a 100 ml/día.