"Zas" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 134.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paderne baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica das forzas, diferentes das que conducen ao enlace químico, existentes entre átomos, entre moléculas ou entre ambos. Mentres o enlace químico ten enerxías da orde do electronvolt, as forzas de van der Waals teñen asociadas enerxías da orde dos 10-3 eV. Postuladas por J. D. van der Waals (1873), permitiron un estudo sistemático das propiedades físicas dos líquidos e dos gases. A súa existencia orixina as desviación do comportamento dos gases reais respecto do dos gases perfectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boborás baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Xurenzás (Boborás). Ten nave única, á que se lle suman dous corpos rectangulares, e cuberta a dúas augas. Presenta decoración de oxivas e ten dous baldaquinos góticos apoiados nos muros da igrexa e da capela maior. Tamén destaca un dos capiteis interiores, de estilo bizantino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que nace na parroquia de Muíños (Zas) e que se une ao río Baio para formar na parroquia de Baio o río Grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Negreira baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santo André que dá nome ao concello de Zas, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Terra de Soneira situado no NO da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia da Coruña. Limita ao N co concello de Cabana de Bergantiños (comarca de Bergantiños), ao S co de Mazaricos (comarca de Xallas), ao L cos de Coristanco (comarca de Bergantiños) e Santa Comba (comarca de Xallas) e ao O cos de Vimianzo (comarca de Terra de Soneira) e Laxe (comarca de Bergantiños). Abrangue unha extensión de 133,2 km 2 cunha poboación de 5.549 h (2007) distribuída nas parroquias do Allo, Baio, Brandomil, Brandoñas, Carreira, Gándara, Lamas, Loroño, Mira, Muíño, San Cremenzo de Pazos, San Martiño de Meanos, Santa Sía de Roma, Santo Adrián de Castro, Vilar e Zas. A capital é a vila de Zas (43° 06’ 07’’ N - 8° 54’ 48’’ O) a 80 km da Coruña e 59 km de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Corcubión e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    A maior parte do concello de Zas atópase nunha superficie de erosión, da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Fundador e director de La Región Gallega, ligado ás teses de Basilio Álvarez, das súas obras destaca o conto De raza brava (1915), unha Historia de Cuba (1926) e a zarzuela Miñatos de vran, con música de Xosé F. Vide, estreada en 1928 no Teatro Nacional de La Habana. Foi membro correspondente da Real Academia Galega (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que indica o modo rápido ou brusco en que se realiza algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘cu’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionaria rusa. Vinculouse aos populistas e en 1883 fundou con G. V. Plekhanov a primeira organización marxista rusa, Osvoboždenije Truda.

    VER O DETALLE DO TERMO