Waals, forzas de van der

Waals, forzas de van der
[FÍS]

Denominación xenérica das forzas, diferentes das que conducen ao enlace químico, existentes entre átomos, entre moléculas ou entre ambos. Mentres o enlace químico ten enerxías da orde do electronvolt, as forzas de van der Waals teñen asociadas enerxías da orde dos 10-3 eV. Postuladas por J. D. van der Waals (1873), permitiron un estudo sistemático das propiedades físicas dos líquidos e dos gases. A súa existencia orixina as desviación do comportamento dos gases reais respecto do dos gases perfectos.

Palabras veciñas

Waadt | Waal | Waals, ecuación de van der | Waals, forzas de van der | Waals, Johannes Diderik van der | Wabash | Wace, Robert