"aris" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 297.

  • Instrumento para medir e determinar a magnitude de partículas alfa. Baséase na cuantificación das pequenas luces que provoca o choque das partículas contra unha pantalla fluorescente que posúe o aparato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ensino de tipo universitario que se iniciou o 16 de outubro de 1903 como unha das consecuencias do Primer Congrés Universitari Català, en que se debateu a organización dunha universidade catalá autónoma. Defendía como lingua de comunicación o catalán polo que foi rexeitado da universidade oficial e se ligou a outras institucións (Ateneu Barcelonès e Escola Industrial). Comezou ensinando dereito civil catalán e historia de Catalunya e, de seguida, tamén economía social e política arancelaria, literatura catalana, dereito público catalán e, máis adiante, historia da arte catalana, xeoloxía aplicada a Catalunya, técnica e análise química, agricultura, pedagoxía nacional, estudios portugueses, filoloxía románica, filosofía, gramática comparada do latín e o catalán, historia musical e étnica da cançó popular, lóxica e metodoloxía da ciencia e xeografía. Foron profesores do EUC estudiosos como A. Rubió i Lluch, Pompeu Fabra e Eugeni d’Ors. Co tempo os estudios reducíronse a gramática,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rito que conmemora o banquete pascual que Xesús ofreceu aos seus discípulos antes de ser prendido. O núcleo da celebración constitúeo a bendición e consagración do pan e do viño, na que todas as confesións cristiás coinciden en admitir que significa unha presenza especial de Cristo resucitado. As confesións católica e ortodoxa fan énfase en afirmar que a presenza de Cristo na Eucaristía é real, para os que é un sacramento, mentres que para a Igrexa reformada é simplemente simbólica. A teoloxía católica desenvolveu a partir da tradición dos relatos evanxélicos, a teoría da transubstanciación, segundo a cal, como dixo Xesús, o pan e o viño convértense no seu corpo e no seu sangue, de xeito que quen participa da súa inxesta recibe o alimento divino que o une á divindade en comuñón. Esa crenza constitúe unha herdanza depurada de formas relixiosas ancestrais, nas que comer a Deus significaba asimilar as súas calidades. Na mensaxe cristiá subxace esa intención, porque a vida eterna prométeselle...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter relixioso aparecida na Coruña en 1941. Actuou como voceiro de propaganda eucarística das Marías dos Sagrados Calvarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á eucaristía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que vén de Evarestus, Evaristus, nome levado por un dos primeiros papas. Apareceu en Roma durante os tempos do Imperio e ten a súa orixe no grego Euárestos, nome persoal correspondente ao adxectivo ε ὐ άρεστος ‘grato, agradable’. Xa no mesmo grego, ademais desta forma, aparece Euáristos, quizais procedente dun cruzamento por etimoloxía popular con ἄ ριστος ‘o mellor’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Belén 97 -? 105) Papa (97-105). Fillo dunha familia xudía, padeceu martirio na persecución de Traxano. Dividiu a cidade de Roma en parroquias ante o número crecente de cristiáns e instituíu as sete primeiras diaconías que orixinaron o Colexio Cardinalicio. Na iconografía viste de pontifical ou cunha simple túnica e palio do seu tempo; e leva como atributos: a espada (símbolo do seu martirio), e ás veces un presebe. A súa festa celébrase o día 26 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tirano de Agrigento (570 a C-554 a C). Incrementou o territorio da súa cidade a custa dos sicanos e defendeu Himera contra Cartago. Fíxose célebre pola súa crueldade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos fariseos.

    2. Que actúa con hipocrisía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou actitude de fariseo.

    2. Grupo relixioso integrado polos fariseos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Membro dun grupo relixioso do xudaísmo.

      2. Grupo relixioso xudeu que xurdiu no s II a C e que se caracterizaba pola súa piedade. Autodenominábanse compañeiros ou santos, vivían separados de todos os que eran legalmente impuros e gozaban de moita popularidade.

    1. Aplícase á persoa que aparenta unha gran piedade e unha perfección moral que non ten, mostrándose moi rigorosa e severa ao xulgar os demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e enxeñeiro. Foi profesor da Universidade de Turín e da Academia Militar, e dedicouse ao estudo da electrotecnia. Fundou a primeira escola de electrotecnia de Italia (1886), que leva o seu nome. Membro da Accademia delle Scienze de Turín, coñécese polo descubrimento dos campos magnéticos rotativos, de onde deduciu un gran número de aplicacións dos motores eléctricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo peripatético grego. Discípulo de Clitómaco e escolarca da Academia, trasladouse a Roma, onde foi mestre de Cicerón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Os seus traballos matemáticos foron de grande importancia no desenvolvemento da álxebra. Utilizou na súa teoría de ecuacións os conceptos de grupo e corpo. A teoría de Galois é a parte da álxebra que estudia as extensión dos corpos. Traballou tamén na xeneralización das integrais elípticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de gargarexar.

    2. Líquido medicinal para gargarizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. En 1948 fundou e dirixiu o Conservatorio de Música y Arte Escénico da provincia de Bos Aires. Autor de ballets, sinfonías e pezas para piano, da súa produción destaca Panambí (1940), Estancia (1941), Cantata para América mágica (1960), Don Rodrigo (1964), Bomarzo (1967) e Beatrix Cenci (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudio dos glaciares.

    2. Conxunto dos procesos de formación dos glaciares.

    3. Resultado da acción dos glaciares sobre a superficie da Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento calvinista dos seguidores de Frans Gomar (Bruxas 1563-Groningen 1641), que defendía unha concepción moi rigorosa da predestinación, en contra das doutrinas de Arminius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Evaristo de Sela, licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e foi catedrático de Grego. Publicou Amar (1945) e La reconquista de Vigo en 1809 (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de gregario.

    VER O DETALLE DO TERMO