"dis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 645.

  • Escultura clásica grega realizada por Mirón no s V a C en bronce. Representa o atleta no momento de iniciar o lanzamento do disco despois de abalalo cara a atrás. Coñécese polas copias romanas feitas en mármore.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que leva un disco ou prato.

      2. Criado que servía a comida na antiga Roma.

    1. Aplícase aos anélidos que teñen un disco ou ventosa na rexión cefálica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos discoglósidos.

    2. Anfibio da familia dos discoglósidos.

    3. Familia de anfibios anuros á que pertencen os xéneros Alytes, Baleaphryne, Discoglossus e Bombina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de anfibios anuros ao que pertencen os sapiños de Galgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia encargada de ordenar e clasificar os discos fonográficos e demais rexistros sonoros en musicais ou literarios.

    2. Conxunto dos rexistros sonoros musicais ou literarios relacionados cunha época, materia, autor ou cun grupo determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa que edita calquera tipo de gravación fonográfica. A nivel mundial cómpre destacar, entre outras, Polygram, Virgin, Warner e Decca Records.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á discografía.

    2. selo discográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de disco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • descoirento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración da bile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fungo discomiceto liquenizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se somete a unha autoridade ou disciplina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten varias cores.

    2. Aplícase á folla, ao cáliz ou aos pétalos que son de dúas ou máis cores.

    3. Aplícase á parte dun vexetal que ten a cor diferente ao resto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao fungo da subdivisión ascomicotina, que produce cogomelos en apotecio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non está conforme ou contento con algo.

    2. Que ten unha proporción, intensidade ou calidade que excede do que é normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de descontinuo.

    2. Falta de continuidade dunha función nun punto ou nun conxunto de puntos, que se denominan por extensión descontinuidades da función. Xa que unha función f(x) é continua nun punto a se e só se existe límf(x) e é igual a f(a), a función f(x) é descontinua en a se e só se non se cumpre algunha destas dúas condicións. En primeiro lugar, se f(a) non existe, ou ben é diferente do valor do límite; entón a é unha descontinuidade evitable. En segundo lugar, pode ocorrer que límf(x) non exista; entón a é unha descontinuidade non evitable ou esencial que, ademais, pode ser de dous tipos: de primeira e de segunda especie. Nunha descontinuidade de primeira especie existen os límites laterais pero son diferentes; é unha descontinuidade finita se os dous límites son finitos e é infinita se polo menos un dos dous límites laterais é infinito; a diferencia f(a+0)-f(a-0)...

    3. Cada unha das superficies que separan as diferentes capas concéntricas do interior da Terra. Descubríronse utilizando transmisións de ondas sísmicas. As máis importantes son a de Conrad, que está a 17 km de profundidade e que separa a capa superior da inferior; a de Mohorovicic ou Moho, que está a uns 32 ou 38 km, situada entre a capa e o manto; a de Gutemberg, a 2.900 km, que separa o manto do núcleo; e a de Lehmann, que está situada entre o núcleo externo e o interno e que se localiza a uns 5.000 km.

    4. Superficie de separación de dúas masas de aire que teñen falta de continuidade nalgunhas das súas propiedades, como a velocidade ou a densidade. Utilízase para representar as frontes atmosféricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de acordo en algo.

      1. Relación entre os estratos superpostos e os sedimentados, cun intervalo de tempo de separación no que hai movementos oroxénicos, epiroxénicos, unha forte erosión ou descontinuidade na sedimentación das capas. Hai diversas clases: aconformidade, se as rochas da base non están estratificadas, como as cristalinas; discordancia angular, chamada tamén desconformidade, e pseudoconformidade, se os grupos de estratos forman un ángulo entre eles, e por último paraconformidade, se ambas series son paralelas pero a superficie que as separa é difícil de ver.

      2. Superficie que separa os sedimentos discordantes.

    2. Fenómeno da métrica francesa que se refire aos desaxustes que existen entre os versos e as estruturas gramaticais. Pode ser interna, se se produce nunha cesura que divide o verso en dous, ou externa, se aparece entre dous versos. Dependendo do tipo de desaxuste, prodúcese o rejet, ou atraso do período -por exemplo, dunha frase con respecto ao verso-; o contre-rejet, se a frase se adianta ao verso; e o encabalgamento, se a frase se divide entre dous versos, comezando nun e rematando no seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que discorda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estar en desacordo con algo ou con alguén.

    2. Contrastar dúas ou máis cousas entre si.

    3. Estar sen afinar as voces ou os instrumentos musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que discorda.

    VER O DETALLE DO TERMO