discordancia

discordancia

(< lat discordantia)

  1. s f

    Falta de acordo en algo.

    Ex: Nunca opinan o mesmo, sempre están en discordancia.

    Confrontacións: desconformidade, discrepancia, disensión.
  2. s f [XEOL]
    1. Relación entre os estratos superpostos e os sedimentados, cun intervalo de tempo de separación no que hai movementos oroxénicos, epiroxénicos, unha forte erosión ou descontinuidade na sedimentación das capas. Hai diversas clases: aconformidade, se as rochas da base non están estratificadas, como as cristalinas; discordancia angular, chamada tamén desconformidade, e pseudoconformidade, se os grupos de estratos forman un ángulo entre eles, e por último paraconformidade, se ambas series son paralelas pero a superficie que as separa é difícil de ver.

    2. Superficie que separa os sedimentos discordantes.

  3. s f [LIT]

    Fenómeno da métrica francesa que se refire aos desaxustes que existen entre os versos e as estruturas gramaticais. Pode ser interna, se se produce nunha cesura que divide o verso en dous, ou externa, se aparece entre dous versos. Dependendo do tipo de desaxuste, prodúcese o rejet, ou atraso do período -por exemplo, dunha frase con respecto ao verso-; o contre-rejet, se a frase se adianta ao verso; e o encabalgamento, se a frase se divide entre dous versos, comezando nun e rematando no seguinte.

Palabras veciñas

díscolo -la | discolor -ra | discomiceto | discordancia | discordante | discordar | discorde