discrepancia

discrepancia

(

  1. s f

    Feito de discrepar. OBS: Xeralmente emprégase en plural.

    Ex: As discrepancias entre eles son evidentes, sempre se levan a contraria.

    Sinónimos: diferencia, disensión, diverxencia. Confrontacións: disidencia.
  2. s f

    Cousa, punto ou aspecto sobre o que se discrepa.

    Ex: Que haxa certa discrepancia entre as dúas ideoloxías non impedirá que gobernen axeitadamente.

    Confrontacións: disensión, diverxencia.

Palabras veciñas

discreción | discrecional | discrecionalidade | discrepancia | discrepante | discrepar | discreto -ta