disensión

disensión

(< lat dissensĭōne)

  1. s f

    Desacordo entre dúas ou máis persoas por non coincidiren nas súas ideas ou opinións.

    Ex: A disensión debeuse á diferenza de opinións políticas.

    Sinónimos: discrepancia, disentimento, diverxencia.
  2. s f

    Disputa provocada pola diferenza de opinións entre as persoas.

    Ex: Houbo unha gran disensión no congreso por mor da lei do aborto.