disensión
disensión
(< lat dissensĭōne)
-
s
f
Desacordo entre dúas ou máis persoas por non coincidiren nas súas ideas ou opinións.
Ex: A disensión debeuse á diferenza de opinións políticas.
Sinónimos: discrepancia, disentimento, diverxencia. -
s
f
Disputa provocada pola diferenza de opinións entre as persoas.
Ex: Houbo unha gran disensión no congreso por mor da lei do aborto.