diverxencia

diverxencia

(

  1. s f

    Acción e efecto de diverxer.

  2. s f

    Falta de acordo entre distintas persoas.

    Ex: Hai diverxencias entre os membros do partido.

    Sinónimos: diferencia, discrepancia, disensión.
  3. s f [BOT]

    Ángulo que forman os planos teóricos de dúas follas consecutivas.

  4. s f [LING]

    Fenómeno polo que dúas ou máis linguas ou variedades lingüísticas que teñen unha orixe común evolucionaron ata presentar estruturas diferentes.

    Antónimos: converxencia.
  5. [MAT]
    1. s f

      Calidade de non converxente.

    2. s f

      Operador diferencial que lle asigna a unha función vectorial V(x) a cantidade escalar


      FORMULA


      na que Vl , Vy e Vz son os compoñentes de V(x). Tamén se representa div V e por Ñ·V.

    3. teorema da diverxencia

      Teorema de Gauss.

  6. s f [METEOR]

    Afastamento dos fluxos das masas de aire a partir dun punto determinado.

  7. s f [FÍS]

    Produción autoalimentada de neutróns nun reactor nuclear, por unha reacción en cadea.

  8. diverxencia evolutiva [BIOL]

    Evolución diferencial dos grupos de organismos descendentes dun mesmo antepasado, que leva ao desenvolvemento de estruturas ou caracteres diferentes, derivados filoxeneticamente dun patrón común.

Palabras veciñas

1 divertimento | 2 divertimento* | divertir | diverxencia | diverxente | diverxer | dividendo