diferencia

diferencia

(< lat differentĭa)

  1. Antónimos: afinidade.
    1. s f

      Calidade pola que unha persoa ou cousa se distingue doutra.

      Ex: A diferenza de opinións era tan grande que nos levou catro horas chegar a un consenso.

      Antónimos: afinidade. Confrontacións: desigualdade, disimilitude, diversidade.
    2. diferencia específica

      Calidade ou conxunto de notas que na definición dun concepto o distinguen doutros correspondentes ao mesmo xénero.

  2. s f

    Falta de acordo, causa de disensión ou materia de controversia entre dúas ou máis persoas. OBS: Emprégase normalmente en plural.

    Ex: A visión política do partido é a gran diferenza entre eles. As súas diferencias non deixaron que se resolvese o problema.

    Sinónimos: discrepancia, diverxencia.
  3. [MAT]
    1. s f

      Magnitude ou cantidade que resulta da substracción entre dúas magnitudes ou cantidades da mesma natureza.

      Sinónimos: resto.
    2. cálculo de diferencias

      Estudio das propiedades dunha función da que só se coñece un conxunto finito de valores f(x 0 ), f(x 1 ),..., f(x n ), que corresponden aos argumentos x 0 , x 1 ,..., x n , os que, habitualmente, se collen en progresión aritmética x r =x 0 +r w . Defínese o operador diferenza D mediante a expresión Df(x)=f(x+ω)-f(x), e o operador incremental E, definido por E w f(x)=f(x+ω)+f(x)+Df(x), de maneira que E=1+D. Tamén se estableceron unha gran cantidade de fórmulas para determinar os resultados da integración numérica de funcións.

    3. diferencia de conxuntos

      Dados dous conxuntos A e B, conxunto formado polos elementos do primeiro conxunto A que non pertencen ao segundo B, é dicir, A«B’.

    4. diferencia dividida

      Dado un conxunto de n argumentos, x0,...,xn, dunha función f(x), cada unha das cantidades empregadas no cálculo de diferencias, que teñen como forma xeral (de orde j) a representada por [x0 x1...xj]. O seu valor é


      FORMULA

    5. diferencia simétrica

      Entre dous conxuntos A e B, conxunto ADB = (AB) - (A3B).

  4. s f [ECON]

    Marxe que existe no mercado de efectos públicos a prazo entre o prezo no momento da transacción e o prezo no momento da liquidación.

  5. [MÚS]
    1. s f

      Modulación dentro do mesmo compás.

    2. s f pl

      Ciclo de variacións baseadas nun tema litúrxico ou folclórico, sobre todo do cancioneiro español, cultivado especialmente no s XVI na Península Ibérica. Entre os compositores que elaboraron este tipo de pezas destaca Antonio de Cabezón (1510-1566).

    3. son de diferencia

      Fenómeno descuberto por Giuseppe Tartini (1692-1779) polo que o son producido cando soan dúas notas e a frecuencia de son que resulta é igual á diferencia das frecuencias das dúas notas, que dá como resultado unha nota máis grave.

    1. diferencia de latitude / [ASTRON/MAR]

      Arco do meridiano comprendido entre os paralelos de dous puntos.

    2. diferencia de lonxitude / [ASTRON/MAR]

      O máis pequeno dos arcos de ecuador comprendidos entre os meridianos de dous puntos.

  6. diferencia de potencial de contacto [TECNOL]

    Diferencia de potencial que existe entre dous metais que están conectados electricamente ou entre as bases de dous semicondutores.

  7. diferencia de potencial eléctrico [TECNOL]

    Traballo realizado polas forzas do campo eléctrico para trasladar a unidade de carga eléctrica positiva dende un punto a outro. Este traballo non depende da traxectoria seguida.

  8. diferencia ontolóxica [FILOS]

    Segundo Heidegger, diferenza entre o ser e o ente. O ámbito do ente é o de aquilo que aparece, mentres que o do ser sería aquilo que posibilita toda aparición.

  9. diferencias individuais [PSIC]

    Diferencias que inflúen na variabilidade da conduta que afecta aos seres humanos e ás especies animais. Entre os psicólogos que sentaron as bases da nova psicoloxía diferencial están F. Galton, K. Pearson, A. Binet, W. Stern e J. Mckeen Cattell. A psicoloxía diferencial estudia as diferencias entre individuos (diferencias interindividuais), entre grupos (diferencias intergrupais), e as que afectan a un mesmo individuo en distintos momentos ou baixo diferentes situacións (diferencias intraindividuais). As variables sobre as que se centrou o estudo das diferencias individuais foron as seguintes: a intelixencia, o rendemento escolar, as aptitudes específicas, a personalidade, os intereses e os estilos cognitivos.

  10. partir a diferencia [DER]

    Ceder, cada un dos litigantes, unha parte similar á cantidade que reclaman, para que ningún resulte demasiado prexudicado.

Frases feitas

  • A diferenza de loc prep Ó contrario de, en contraposición a.

  • Facer diferencias. Dar tratamentos desiguais de forma subxectiva a diversas persoas ou cousas.

Refráns

  • Algo vai de Pedro a Pedro.
  • Barro é o home, barro é o xarro mais non son dun mesmo barro.
  • Cada cousa ten o seu precio, que para iso llo puxeron.
  • De Toma un paxaro a Daca un paxaro, van dous paxaros.
  • Digo e redigo que a boroa non é pantrigo.
  • Digo e redigo que a breva nunca foi figo.
  • Digo que a figueira non é figo e así o digo.
  • Fuxir e correr non é todo o mesmo.
  • Moito vai de Pedro a Pedro.
  • Non é o mesmo comer que ver comer.
  • O que digo, digo, que a breva non é figo.
  • Tanto vai dun anano a un xigante, como vai dunha formiga a un elefante.
  • Tódolos días non son iguais.
  • Unha cousa é r:eceitar e outra ben outra é curar.
  • Unha cousa é ver e outra mirar.

Palabras veciñas

difenilamina | difenilo | difenol | diferencia | diferenciable | diferenciación | diferenciado -da