diferenciación
(
-
s
f
Acción e efecto de diferenciar ou diferenciarse.
Ex: Antes do exame de literatura o profesor fixo unha pequena diferenciación entre o que é tema e argumento.
Confrontacións: distinción. -
s
f
[MAT]
Aplicación que fai corresponder a cada función diferenciable, nun certo conxunto aberto, a súa función diferencial no conxunto mencionado.
-
s
f
[BIOL]
Proceso mediante o que as células, os tecidos e os órganos cambian de estrutura e de forma, desde a máis simple á máis complexa, para efectuar funcións específicas. O concepto aplícase especialmente á diferenciación celular. Esta ten lugar durante o desenvolvemento embrionario ou en procesos de rexeneración, e dá lugar a grupos de células funcional e morfoloxicamente distintas. A diferenciación celular pode ser profunda e definitiva desde os primeiros estadios, como no caso das células nerviosas, ou ben ser mínima, como no caso dos histiocitos, que conservan a totipotencia e isto permítelles intervir en procesos de rexeneración. As células xerminativas son absolutamente indiferenciadas e poden converterse en calquera clase de célula.
-
[LING]
-
s
f
Fenómeno que consiste en que dous fonemas contiguos tenden a aumentar as súas diferencias articulatorias, ou ben un fonema, durante a súa emisión, tende a distinguir diversos matices articulatorios.
-
posición de diferenciación máxima
Contexto fonolóxico que permite a maior distinción posible na realización dun fonema.
-
s
f
-
[XEOL]
-
diferenciación magmática
Proceso mediante o que, a partir dun magma común, se orixinan diversos tipos de rochas ígneas, que poden formar parte, ou non, da mesma masa. Cando o magma arrefría, comezan a cristalizar os minerais que teñen o punto de fusión máis alto. A cristalización do magma é, polo tanto, fraccionada. Coma os primeiros minerais que se separan adoitan ser os ferromagnéticos, como a olivina e os piroxenos, as rochas formadas ao fondo das masas plutónicas son máis básicas, pola súa gran densidade, ca as superficiais. A diferenciación dun magma tamén se pode traducir por fenómenos de compresión, xa que a fracción fluída pode escapar máis facilmente ás zonas de menor presión, mentres os cristais forman un tipo de malla ou esponxa que se concentra no mesmo lugar onde se orixinara.
-
diferenciación metamórfica
Conxunto de procesos mediante os que, durante o metamorfismo, se orixinan asociacións minerais diferentes a partir dunha roca nai inicialmente uniforme.
-
diferenciación magmática
-
diferenciación do produto
[COMUN]
Caracterización dun produto que se presenta aos consumidores como distinto doutros que o poderían substituír. Refírese á apreciación subxectiva que fan os consumidores, condicionada, entre outros aspectos, pola publicidade, pola presentación ou polas condicións de venda.
-
diferenciación evolutiva fisiolóxica
[BIOL]
Presencia nas especies de características morfolóxicas idénticas aparentemente, pero diferentes na súa fisioloxía.
-
diferenciación social
[SOCIOL]
Proceso mediante o cal os individuos ou grupos adquiren funcións diferentes e especializadas co seu correspondente status. A diferenciación pode ser interna ou entre grupos. O primeiro caso responde á división do grupo en subgrupos que cumpren diferentes funcións nunha situación de igualdade. O segundo caso expresa as diferentes agrupacións por motivos de función, rango, cultura ou intereses, que son causa e dinámica da evolución social.