difenilamina
difenilamina
(< di- + fenil- + amina)
s
f
[QUÍM]
Substancia cristalina que presenta escamas incoloras, insoluble en auga e soluble en disolventes orgánicos, con punto de fusión de 54°C. Obtense por quentamento do clorobenceno (derivado do benceno) coa anilina. Emprégase na obtención de colorantes, como estabilizador da nitrocelulosa, e na fabricación de produtos farmacéuticos.