2 divertimento*
2 divertimento*
-
s
m
[MÚS]
Composición musical xurdida a finais do s XVII. Ten diversos movementos, algúns de danza, e normalmente é para pequenos conxuntos de solistas e pezas para teclado. No s XVIII aludía habitualmente a unha composición instrumental con carácter de suite. Foi moi empregada, entre outros, por Mozart e Haydn.
-
s
m
[ESPECT]
Espectáculo breve que se representa nos descansos dunha obra teatral extensa, coa función principal de entreter o público. Pode consistir nunha peza cómica de ton lixeiro, nun baile, nunha pantomima ou na aparición de comparsas e mascaradas. Esta fórmula estendeuse por toda Europa a partir do s XVI.