disentimento

disentimento

(< disentir)

  1. s m

    Acción de disentir.

    Ex: Expresou o seu disentimento marchando da reunión.

    Sinónimos: discrepancia, disensión, diverxencia. Antónimos: asentimento.
  2. [DER]
    1. s m

      Ausencia de correspondencia entre as declaracións das partes que tentan asinar un contrato que, a causa da falta de consenso, non chega a perfeccionarse.

    2. disentimento mutuo

      Conformidade das partes para disolver e deixar sen efecto o contrato ou as obrigas existentes entre eles.

Palabras veciñas

disensión | disentería | disentérico -ca | disentimento | disentir | disépalo -la | disertación