asentimento
asentimento
(
-
s
m
Acción e efecto de asentir.
Ex: Deu o seu asentimento e puidemos marchar.
Sinónimos: aceptación, aprobación, asenso, conformidade, consentimento. Antónimos: desacordo, desaprobación. Confrontacións: aquiescencia. -
s
m
asenso.
-
s
m
[FILOS]
Adhesión da intelixencia a unha proposición ou percepción. Forma parte do xuízo, en tanto que é recoñecemento ou aceptación da verdade enunciada por este.
-
asentimento de demanda
[DER]
Aceptación ou conformidade do demandado ás pretensións da demanda dun proceso dirixido contra el, que obriga ao xuíz ou tribunal a ditar sentenza accedendo ás peticións da demanda sempre que non atenten contra a orde pública, ou supoñan fraude da lei ou prexuízo a terceiros.