asentamento
(
-
s
m
Acción e efecto de asentar ou asentarse.
-
s
m
Sentido común.
Ex: É a persoa con máis asentamento de todas as que traballa aquí.
Sinónimos: siso, xuízo. -
s
m
[DER]
Anotación que se fai no libro de rexistro.
-
s
m
[ECON]
Anotación feita nun libro contable referente a unha operación mercantil determinada para poder seguir as flutuacións da situación inicial.
-
s
m
-
Parte dunha cousa sobre a que se asenta outra.
Ex: O asentamento correcto da válvula permitiu saír o gas.
-
Parte dunha cousa sobre a que esta se asenta.
Ex: O mal asentamento dunha trabe foi a causa do accidente.
-
-
s
m
-
Lugar onde se establece unha persoa para vivir.
Ex: O seu asentamento dende hai cinco anos é a cidade de Vigo.
-
Feito polo que os colonos se establecen naquelas terras que lle foron asignadas.
Ex: Os asentamentos de xudeus en Cisxordania foron rexeitados polos palestinos.
-
-
s
m
[BÉL]
Lugar ofensivo ou defensivo que ocupa cada unha das armas pesadas dunha unidade ou conxunto.
-
s
m
[CONSTR]
Movemento de descenso que fan as terras e os cimentos, piares ou paredes dunha construción a medida que van recibindo o peso das construcións que soportan.
-
s
m
[MAR]
Diferencia entre o calado de popa e o de proa. Caracteriza a pendente da quilla en relación co plano de flotación.
-
s
m
[TECNOL]
Primeiro período de funcionamento dunha máquina durante o que os seus mecanismos traballan con axuste de serradura e que se estende ata que, polo rozamento, chega ao axuste óptimo.