consentimento
(< consentir)
-
s
m
-
Acción de consentir.
Ex: Decidiron casar sen o consentimento dos seus pais.
-
Fórmula coa que se manifesta esa aprobación.
Sinónimos: asentimento, autorización, conformidade, permiso.
-
-
s
m
[DER]
Conformidade da vontade das partes dun contrato que, partindo de intereses diversos, se dirixen a un fin común. Constitúe un dos elementos principais do contrato. Para que se conceda o consentimento debe existir: pluralidade de partes, capacidade para contratar, existencia de vontade consciente e libre, e declaración expresa ou tácita. Hai dous tipos: expreso, cando se manifesta por escrito, de palabra ou doutra forma inequívoca; e tácito, cando se presupón polo silencio amosado. Non ten validez cando existen vicios internos ou limitacións legais, ou vicios externos que limiten a liberdade ou a consciencia.
-
consentimento universal
[FILOS]
Acordo universal sobre certas proposicións, considerado como unha proba da súa veracidade.