autorización
(
-
s
f
Acción e efecto de autorizar.
Ex: Non podes saír ó patio da escola sen a autorización do teu mestre.
Sinónimos: consentimento, licencia, permiso. Antónimos: prohibición. -
s
f
Documento ou expresión onde se autoriza algo ou a alguén.
Ex: A autorización permíteme saír do país. Conseguín a autorización para comerciar con outros países.
Sinónimos: licencia. -
[DER]
-
s
f
Acto polo que unha autoridade administrativa, lexislativa ou xudicial autoriza a outra autoridade, a un funcionario que dela dependa ou a un particular o exercicio de determinados dereitos.
-
autorización administrativa
Acto polo que as administracións públicas facultan a un administrado no exercicio dun dereito.
-
autorización de residencia
Permiso que a autoridade gobernativa dun país outorga a un estranxeiro para que este poida establecer nel o seu domicilio por un período de tempo determinado e que, normalmente, cómpre renovar periodicamente.
-
autorización xudicial
Autorización do xuíz, ditada para suplir a negativa que unha persoa puidera dar a outra, para que esta realice uns determinados actos de disposición sobre bens ou dereitos propios e, especialmente, para intervir nun proceso xudicial co fin de defender nel os seus dereitos ou bens.
-
s
f
-
s
f
[DER]
Intervención dun notario nun outorgamento do acto xurídico.
-
autorización de traballo
[DER]
Requisito que a lei esixe para que certas persoas que non gozan da plenitude da capacidade de obrar (por exemplo, menores e estranxeiros) poidan contratar validamente os seus servicios en réxime de contrato de traballo.